jueves, 8 de agosto de 2013

Campaña MÚLTANNOS A NÓS PARA ASUSTARTE A TI


 Ao igual que outros colectivos sociais, nos últimos meses STOP Desafiuzamentos A Coruña está a padecer un forte ataque en forma de sancións económicas cas que a Subdelegación do Goberno pretende disuadirnos da nosa acción de denuncia.

Dende a paralización do desafiuzamento de Aurelia Rey levamos xa acumulado un total de 5.500 euros en multas. Todas sabemos que esta represión non só busca castigar a quenes nos mobilizamos, senón que o obxectivo principal é que a cidadanía en xeral teñamos medo das represalias que conleva loitar polos nosos dereitos.

Múltannos a nós para asustarte a ti. Demostrémoslles que non poden!!

A campaña que estamos iniciando contra as sancións, ademáis de manifestacións, concertos e outras actividades (pronto haberá máis noticias), inclúe a creación dunha caixa de resistencia coa que reunir cartos para poder facer fronte ás sancións que se nos impoñen. Deste xeito, estamos a deixar petos coma o da foto en distintos locais da cidade, para que quen queira poda aportar.



A listaxe de locais nos que podes atopar un dos nosos petos é a seguinte:

- Libraría Sisargas
- Bar A Repichoca
- Bar/restaurante Etnika's
- Bar Patachim
- Bar MariCastaña
- Bar O Mentireiro
- Bar O Alfaiate
- Bar Tracio
- Bar Faluya
- Cafetería Hispano
- Cervexaría La Reserva
- Bar El Chiringuito
- Cervecería Golden 2
- La Diablita Rock Bar
- Gabba Gabba
- Chispas 
- Centro de Osteopatía Vilaverde
- Peluquería Mari
- Telecopy
- Mercería Carmen (Mercado de Durmideiras)
- Frores Fran (Mercado de Monte Alto)
- Mercería Maika
- Peluquería Tango (O Temple, Cambre)
- Puesto ambulante de venta de libros (Ex-O Fogar Do Lecer)
- AVV de Atocha, Monte Alto e Torre de Hércules
- Sociedade Cultural e Deportiva Tempo Novo
- Reitoría da Universidade da Coruña (UdC)
- CUT (Central Unitaria dos Traballadores)
- CIG (Confederación Intersindical Galega)
- CGT  (Confederación General del Trabajo)

No hay comentarios:

Publicar un comentario