Páginas

martes, 8 de octubre de 2013

A unión da veciñanza contra o desafiuzamento de Elisabeth

Dende o colectivo Stop Desafiuzamentos Coruña queremos agradecer a colaboración e solidariedade de toda a veciñanza da Coruña que freou o desafiuzamento de Elisabeth Sanles previsto pras 10:30 do día 8.

Ao mesmo tempo que a xente se concentraba na rúa pra impedir a barbarie que supón a conculcación dun dereito básico e universal coma é o da vivenda, a corporación municipal rexeitaba respostar a unha pregunta sobre o presente caso no pleno do concello. Emprega o silencio que a mesma institución impón a hora de solucionar un conflicto que xa é unha realidade en forma de emerxencia social que ameaza a non menos dun 25% da poboación galega, aquela poboación que se atopa desempregada.

A orde de lanzamento que no día de hoxe non se puido executar, segue vixente ate que as institucións competentes se encarguen de solucionar o. Tanto a Xustiza, coma a Consellería de Traballo e Benestar, a Concellaría local de Servicios Sociais, a Concellaría de Vivenda e o Instituto Galego de Vivenda e Solo teñen coñecemento do caso e teñen obriga de resolver a citada situación da execución inminente do desafiuzamento e  a situación de desamparo que a realización desta orde conlevaría.

Dende Stop Desafiuzamentos Coruña esiximos: que se cumpra o convenio asinado pola Xunta, a FEGAMP e o CGPJ, que se cumpran os protocolos derivados dese convenio, que se dea resposta á necesidade de vivenda dunha inmensa maioría da poboación e que as institucións deixen de lexislar contra o pobo.

Por todo isto, convocamos para a mañán do mércores 9 ás 09:00h unha nova concentración pra  evitar o desafiuzamento de Elisabeth e esixir o dereito universal á vivenda.

No hay comentarios:

Publicar un comentario