Dende STOP DESAFIUZAMENTOS CORUÑA queremos
informar dos avances acaecidos na mañá de hoxe. Dende o SCACE comunícase que o
lanzamento de Elisabeth non se efectuará durante a vindoura semana, ficando
pendente que a nova data se fixe. Dita información ten unha acreditación
informal, xa que non existe auto ou notificación administrativa á propia
afectada. Temos a experiencia de casos anteriores (o máis coñecido, o de
Aurelia Rey) nos que se fixeron pasar afirmacións persoais coma se foran
verdades institucionais.
Cabe recordar que a Constitución Española no seu artigo 10,
recolle que:“las normas relativas a los
derechos fundamentales y a las libertades que la Constitución reconoce se
interpretarán de conformidad con la Declaración Universal de Derechos Humanos y
los tratados y acuerdos internacionales sobre las mismas materias ratificados
por España” asemade, a Declaración Universal de Derechos Humanos no seu
artigo 25.1 di: “Toda persona
tiene derecho a un nivel de vida adecuado que le asegure, así como a su
familia, la salud y el bienestar, y en especial la alimentación, el vestido, la vivienda, la asistencia médica y los
servicios sociales necesarios; tiene
asimismo derecho a los seguros en caso de desempleo, enfermedad, invalidez,
viudez, vejez u otros casos de pérdida de sus medios de subsistencia por
circunstancias independientes de su voluntad.”
Neste punto queríamos poner a atención sobre a situación
de vulnerabilidade social existente non só no caso de Elisabeth (seu
único ingreso son 216 euros pra facer fronte a un alugueiro de 400, á
manutención dos seus fillos e a súa propia autonomía) se non no de case o 25%
de poboación galega que se atopa nunha situación de pobreza real, asi coma o
risco de pobreza que afecta a un 22% de familias galegas.
O dato vese acompañado da realidade social de 11 millóns de
persoas que no Estado Español atópanse
nunha situación de pobreza relativa, é dicir, un 22,5% da poboación vive con
500 euros ou menos ao mes e máis de 2 millóns de persoas subsisten con menos de
300 (pobreza severa) e onde a taxa de risco de pobreza, alcanza a un 27% dos
habitantes do Estado Español.
Se a isto lle sumamos que A Coruña cidade é a máis cara de
Galicia, e unha das máis caras do Estado no prezo medio de alugueiro (544
euros) a situación de Elisabeth e moitas máis familias da cidade tórnase
insostible e directamente, criminal.
Ante un caso coma este (exemplo pra os que poidan vir) cal
foi a resposta de Servicios Sociais do Concello? “Hay gente peor” debuxando a
normalización da pobreza coma eixo de acción e actuación das políticas sociais
que dende o Concello da Coruña estánse a levar a cabo. Do mesmo xeito o Concello, que se di de “todos los
coruñeses y coruñesas” bloquea a solución do presente caso polo seu
desinterese, a súa falta de sensibilidade e empatía cun caso concreto dunha
realidade social cada vez en aumento, e súa total falta de interese na
coordinación co resto de administracións autonómicas das que depende a
resolución do conflicto.
Hai unha semana o concelleiro responsable da área de
Servicios Sociais, Miguel Lorenzo, aportou en rolda de prensa datos persoais (cousa
prohibida no artigo 6.3.f da Lei 13/2008 do 3 de Decembro de Servizos Sociais de Galicia: todos os usuarios e usuarias de Servicios Sociais terán dereito “á
confidencialidade, sixilo e respeto dos seus datos persoais e información que
sexa coñecida polos Servicios Sociais en razón da intervención profesional sen
prexuízo do posible acceso ós mesmos no exercicio dunha acción inspectora de
conformidade coa lexislación vixente en materia de protección de datos de
carácter persoal”), datos que non eran relevantes para a resolución do problema,
e aínda por riba estaban manipulados para a súa propia conveniencia e ensuxando
a imaxe pública de Elisabeth Sanles.
Non sabemos con que interese, no canto de falar das medidas
de actuación que se tomarían para solucionar este caso, alude a información sesgada
na que se afirmaba que ela rexeitou unha vivenda de protección oficial. Elisabeth
xa explicou que esa negativa debeuse a que o piso non cumpría cun dos
requisitos básicos que ela especificaba na solicitude: por prescripción médica,
non pode subir varios pisos a pé por mor da súa fibromialxia.
Pasou xa unha semana, e non só non se tomou ningún tipo de
medida dende a área de Servicios Sociais, se non que nin respostou á
comunicación do xuíz na Providencia do pasado 4 de Outubro (en cumprimento do
convenio entre Xunta, FEGAMP e Poder Xudicial) nin á petición do informe que
lle fixo a Consellería de Traballo e Benestar para avanzar na procura de
solucións.
Dende STOP Desafiuzamentos Coruña seguimos demandando a
suspensión da orde de lanzamento ata que haxa unha solución e a coordinación
entre os distintos poderes públicos para o artellamento dun protocolo real que
evite a exclusión social sistémica. Ata entón seguiremos resistindo en Antonio
Noche 30 co apoio da veciñanza, e animamos a toda a cidadanía a que colabore
neste acto de desobediencia civil e solidariedade.
No hay comentarios:
Publicar un comentario