Páginas

jueves, 28 de noviembre de 2013

Concentración en condena da represión policial efectuada durante o desafiuzamento de Elisabeth Sanlés

Hoxe á tardiña, ás 20h fronte á Delegación do Goberno (Pza. Ourense), concentrarémonos para expresar o noso noxo ante a desmedida actuación policial que tivo lugar onte durante o desafiuzamento de Elisabeth Sanlés.

Máis de 50 policías (todos eles co uniforme completo preparado para cargar), entre 10 e 15 furgóns, compañeirxs detidxs... A pesares de que se está convertindo nunha mostra máis da actual tendencia represiva, nós negámonos a asumir como normais e cotiás este tipo de procedementos.

VIVIR É UN DEREITO, TER CASA TAMÉN!
CONTRA A REPRESIÓN, MOBILIZACIÓN!


Para máis información sobre o acontecido onte, podes consultar o vídeo feito por GZ Contrainfo, así como as noticias que saíron na prensa:


Tamén queremos reseñar e agradecer o manifesto de apoio que fixeron dende a PAH de Vigo, Tui e Baixo Miño.

No hay comentarios:

Publicar un comentario