Páginas

martes, 26 de noviembre de 2013

URXENTE! Novo intento de desafiuzamento de Elisabeth

Fai apenas un par de horas o avogado de Elisabeth Sanlés foi avisado pola procuradora de que mañá mesmo ás 10h van tentar desafiuzala no seu piso de Antonio Noche 30 (barrio do Castrillón).

Sentimos non poder avisar con máis antelación debido a esta sorprendente maniobra por parte do Xulgado. Entendemos que se trata dun intento de ocultación evidente e premeditado, co que pretenden dificultar a cobertura dos medios de comunicación e a resposta cidadá (que xa detivo a primeira tentativa de desafiuzamento) e evitar a presenza de testemuñas que podan dar conta da violencia institucional exercida nestas situacións. Estamos diante dun dos máis crueis ataques que por parte dos aparellos do Estado se están a executar para invisibilizar un problema social e que éste se asimile, a tódolos niveis, como unha carga persoal que se debe sufrir en soidade.

Convocamos de novo, desta vez coa máxima urxencia, á cidadanía da Coruña (cuxa solidariedade xa demostrou ser capaz de deter varios intentos de desafiuzamento) a impedir este abuso exercido polas mesmas institucións que se negan a cumplir o dereito á vivenda.

Nesta cidade non se desahucia! 
A Coruña libre de desafiuzamentos!

Se te interesa revisar a información sobre o caso de Elisabeth Sanlés, podes consultar por aquí.

No hay comentarios:

Publicar un comentario