viernes, 11 de julio de 2014

Manifestación contra a represión

Mañá, sábado 12 de Xullo, participaremos da manifestación organizada pola Plataforma contra a Represión que sairá ás 20h da Praza de María Pita baixo a consigna "Reprímennos a nós para asustarte a tí".

Como vimos informando, as constantes multas, xuízos e o control policial ó que nos vemos sometidas as persoas que defendemos na rúa dereitos básicos como o da vivenda amosa o medo das autoridades á cidadanía crítica e en pé de loita neste contexto de estafa social.

Fronte á súa violencia, nós respostaremos con solidariedade. Vémonos este sábado ás 20h para berrar en conxunto, ben alto, "Contra a represión, mobilización!".




No hay comentarios:

Publicar un comentario