Páginas

martes, 9 de septiembre de 2014

Volve a asemblea de persoas afectadas!

O próximo sábado día 20 de setembro, as 17.30h, retomamos as asembleas de persoas afectadas. Un espazo para a asesoría colectiva, o apoio mutuo e a organización para defendérmonos das agresións no acceso á vivenda.

Se entendemos que necesitamos ter unha vivenda (non necesariamente en propiedade, pero polo menos ter un lugar onde ir) na que poder descansar pola noite, refuxiarnos, coidar á nosa xente, comer, relaxarnos, traballar... e en xeral ir organizando as nosas vidas, podemos comprender que o dereito á vivenda é un dereito básico para poder vivir libre e dignamente. Enfrontándonos ós abusos da banca e daqueles organismos e leis que non contemplan a vivenda máis que coma un ben de mercado (polo cal a suba dos prezos no acceso a ese ben seica é unha noticia positiva), comprendemos mellor cales son os nosos dereitos e como no-los rouban para comerciar con eles.

Nesta nova asemblea no Forum Própolis (Rúa Barcelona 115) voltaremos a reunirnos para estudar conxuntamente os casos que se acheguen, para defender ás nosas veciñas e veciños ante a ameaza de perdelo todo xunto coas súas casas, e para organizármonos para que, algún día, ninguén máis se vexa nesa terrible situación. Porque se algo aprendemos nestes anos é que só a loita fai xustiza!

NIN CASAS SEN XENTE NIN XENTE SEN CASAS!
NESTA CIDADE NON SE DESAHUCIA!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario