Páginas

viernes, 28 de noviembre de 2014

Actualización de datos sobre a campaña contra as multas

Estamos máis ilusionados que nunca co apoio e respaldo que recibimos de vós, unha sociedade comprometida e máis combativa que nunca. A loita na que estamos é unha loita contra Titáns, contra poderosos intereses de corruptos e corruptores que o pobo indignado non pode aturar.

As nosas armas sodes vós, as de eles: as multas máis a violencia policial coas que pretenden acalarnos, como no caso do desaloxo dos veciños do Ofimático Varo e Isabel no día de onte, cando varios compañeiros foron identificados e seguramente sexan sancionados. Non van conseguir deternos, non sabendo que vós estades detrás, axudando a aturar a súa presión e socializando o esforzo.

En Stop Desafiuzamentos somos persoas alegres e combativas, máis tamén, en moitos casos, xente parada ou precaria. Precisamos da vosa axuda en forma de colaboracións para pagar as multas. Todos os que esteades interesados en axudar, podedes facelo ingresando a vosa aportación na conta: ES 81 1550 0001 2100 0067 9324 (Fiare banca ética), cuxos fondos adicaránse integramente a costear as multas derivadas da firme resistenza no intento de desafiuzamento da octoxenaria Aurelia Rey.

Ata a data, o saldo da conta é de 3.578,31€, aínda lonxe do noso obxetivo 
estimado en 7.000,00€ (estamos pendentes de contactar cos multados para concretar máis a cifra). A loita contra a inxustiza dos desafiuzamentos ten que ser a loita de todos, por iso queremos manter viva a chama da solidariedade, e ofrecervos a oportunidade de participar coas vosas contribucións a conseguir un mundo mellor, onde o dereito á vivenda non sexa papel mollado, e os desafiuzamentos, un triste pesadelo do pasado.

Queremos unha cidade libre de desafiuzamentos! Non á violencia institucional que bota á xente das súas casas!

Nin casas sen xente, nin xente sen casas!


[Podedes consultar os movementos anteriores da conta nesta entrada do pasado venres.]

No hay comentarios:

Publicar un comentario