jueves, 13 de noviembre de 2014

Campaña de doazóns contra as multas polo desafiuzamento de Aurelia Rey

Despois de seren rexeitado o recurso presentado polo contencioso administrativo contra a multa que lle impuxo a Delegación de Goberno, STOP Desafiuzamentos Coruña e Roberto Rivas, o bombeiro que se negou a colaborar no desafiuzamento de Aurelia Rey, decidimos iniciar unha campaña de doazóns para facer fronte a tódalas sancións administrativas derivadas dese día.

Para iso, abrimos unha conta de banca ética na que quen queira poda colaborar coa súa aportación. Este é o número: ES 81 1550 0001 2100 0067 9324

Xunto con Roberto, queremos agradecer tódalas mostras de solidariedade amosadas dende o primeiro día en apoio das persoas sancionadas. Esa é a nosa forza e a nosa lexitimidade!



CONTRA A SÚA INXUSTIZA, A NOSA SOLIDARIEDADE!!
NIN CASAS SEN XENTE, NIN XENTE SEN CASA!

6 comentarios:

  1. Como he de rellenar la transferencia? A nombre de quien?

    ResponderEliminar
  2. Ola! Poderiades indicar o número de conta vello, sen o IBAN ese. É que non me collen eses datos nas casiñas pra facer a transferencia...
    Graciñas e moita forza!

    ResponderEliminar
  3. me parece cojonudo pero se echa en falta un contador de las aportaciones

    ResponderEliminar
  4. Graciñas polo voso apoio!

    O nome do titular da conta é "Roberto Rivas España". Como a conta é nova, xa vai co IBAN, non hai un número vello, pero non debería dar problemas.

    Calquera problema que teñades á hora de facer as transferencias, contactade con nós no noso mail (desahucios.coruna@gmail.com) e comentádenos o problema e a entidade financeira dende a que tratades de facer a transferencia.

    Sobre o contador de aportacións, non sabemos como facer un, pero iremos publicando os extractos da conta periodicamente para que comprobedes como vai avanzando a cousa. A verdade é que a solidariedade amosada durante estes días está sendo abrumadora!

    Graciñas, de verdade!

    ResponderEliminar
  5. Olá,

    Antes de mais, a minha alegria polo movimento. Depois, era bom que o titular da conta aparecesse acima, no corpo da notícia e que regularmente, por exemplo cada semana, aparecesse a quantidade arrecadada para assim animar mais pessoas a não se renderem e vermos que juntos podemos.

    Força.

    Valentim

    ResponderEliminar