Páginas

domingo, 16 de noviembre de 2014

Por que o proxecto do Ofimático non é viable

Nestes días de Novembro o Concello da Coruña pretende desafiuzar da súa vivenda a Álvaro, a súa nai Isabel e os seus dous fillos, unha familia de Elviña, e demoler a casa para seguir expandindo o Parque Ofimático. Sen embargo, o proxecto do Ofimático é un monstro de Frankenstein absurdo e incoherente, innecesario a nivel social, cuestionable a nivel legal, e imposible a nivel urbanístico.

Durante a última concentración da veciñanza de Elviña, o arquitecto Xoán Mosquera explicounos por que o proxecto do Ofimático é inviable e agudiza a inxustiza que se está a cometer contra a xente que alí vive: no terreo onde viven Isabel e Álvaro está proxectado un viaducto que remata, nos planos, sobre a rotonda da Universidade... a 8 metros de altura. É técnicamente imposible que ese viaducto contacte co chan tal e como está proxectado no Plan do Ofimático, e para resolver a finalización coherente desa ponte habería que invadir os terreos da Universidade.

Unha desfeita que o Concello non recoñece, e que será o motivo polo cal se desaloxará e demolerá unha vivenda habitada dende hai décadas pola familia de Isabel e Álvaro. De feito, xa hai meses que se presentaron unhas alegacións que incluían estes argumentos para pedir que non se desaloxase á veciñanza. A resposta do Concello foi e sigue sendo o silencio.

Deixámosvos con Xoán, a quen agradecemos a súa colaboración:


1 comentario:

  1. Levo máis de 5 anos como mediadora no Ofimático no medio das cooperativas de vivendas, e con todo respeto, Xoán, creo que errades na estratexia. Se o obxectivo que se pretende é axudar a esa familia, a vía non é o ataque ó plan, é Á XESTIÓN do plan, e especialmente ós xestores. O proxecto do Ofimático é un de tantos, tan válido na sua formalización coma poidan ser outros, e se non o politizárades uns e outros (sí, eles e máis vos), mellor iría o seu desenrolo. Non foron máis que 20 anos de mala xestión. E non vexo que para resolver problemas puntuais esteades a focalizarvos nos xestores, nos redactores, nos que negocian as indemnizacións, na urbanizadora...Léovos con atención, e con tristura comprobo que escribides artigos incluindo 50% de verdade e 50% de mentira. Non sei se é que vos faltan probas reais coas que atacar ou que vos vai o de confundir á cidadanía. Ás veces, dáme a impresión de que funcionades igual que os de Aproinco.
    Pregúntome se realmente queredes solventar o problema ou arañar catro votiños para a Marea. E síntoo moito.

    ResponderEliminar