domingo, 30 de noviembre de 2014

Últimas actualizacións do blogue

Pedímosvos desculpas por ter descoidado o blogue xustamente nestes días tan axitados. Resultounos imposible atender ó que estaba a pasar en Elviña e seguir cubrindo a actualidade por este medio. O noso facebook non parou en ningún momento, pero a actualización do blogue é menos inmediata e en momentos de urxencia resulta máis incómoda.

Proximamente subiremos un comunicado avaliando o acontecido este xoves no desaloxo da casa de Isabel e Álvaro, pero polo momento aproveitamos para actualizar o blogue cos comunicados elaborados durante esta semana:

- "Manifestación contra o desaloxo e derrubo da casa de Isabel e Álvaro" (25/11/2014)
- "Un veciño de Elviña detido na concentración contra o desaloxo" (26/11/2014)
- "Actualización de datos da campaña contra as multas" (28/11/2014)

No hay comentarios:

Publicar un comentario