domingo, 14 de diciembre de 2014

CAMPAÑA DE SOCIALIZACIÓN DE MULTAS: Últimos movementos da conta (SALDO 5.100,31€)

Bombeiros facendo de bombeiros, hackers actuando nas sombras, periodistas valentes que contan a realidade, miradas agochadas de vergoña nas caras de moitos policías… algo ferve por baixo das conciencias! Xa non somos nós, sodes vós os que loitades por iniciativa propia, guiados pola vosa indignación, polo sentimento de pobo mal gobernado, que non quere e non se deixa asobaiar polos corruptos e poderosos.

É momento de empurrar e por todo o que cada quen poida para estragarlles os plans. A súa bota opresora patea con porrazos e mais multas. Está na vosa man facerlles un buraco na sola. Se entre todos acadamos os 7.000,00€ necesarios para pagar as multas do “caso Aurelia” (coruñesa octoxenaria que querían botar a rúa, e nós non lles deixamos), verán que non se pode vencer á veciñanza unida, consciente e combativa.

Falar de cartos é unha merda pola que gustaríanos non ter que pasar, mais eles, os poderosos, non saben falar doutra cousa. Non lles gustamos e xogan a curtarnos as ás a golpe de sancións. Nós collemos o importe e o desmiuzamos finiño para repartilo entre todos vós, os homes e mulleres que amades máis á xente que ós cartos, e axudades coa vosa achega a manternos na loita.

Únete a nós e fai a túa aportación na conta: ES 81 1550 0001 2100 0067 9324 (Fiare banca ética). Socializando as multas, imos anular a súa capacidade de amolarnos e, unidos, seremos invencibles!

Por todos vós, que xuntos, ides terminar cos desafiuzamentos!
Viva a veciñanza unida! Viva San Vicente de Elviña!!!
Nin casas sen xente, nin xente sen casas!



No hay comentarios:

Publicar un comentario