martes, 2 de diciembre de 2014

CHAMAMENTO

Logo da represión exercida o pasado xoves no desaloxo da casa de Álvaro en Elviña por parte da Policía Nacional e Local enviada polo Concello da Coruña, facemos un chamamento a todas aquelas persoas que estiveran alí presentes para recoller toda a información dese día en canto violencia física, ameazas e xeitos de proceder abusivos: imaxes, vídeos, partes de lesións, testemuñas, etc.

A idea é recabar toda aquilo que nos poida servir para visibilizar con exactitude o que aconteceu ese día, así como valorar colectivamente a posibilidade de emprender accións legais. Para isto, contactade a través do noso correo electrónico: desahucios.coruna@gmail.com
 
Xuntas somos máis fortes!
Graciñas!

No hay comentarios:

Publicar un comentario