Páginas

martes, 9 de diciembre de 2014

Última asemblea de persoas afectadas do 2014

As últimas semanas están a ser moi axitadas: entre a campaña contra as multas polo desafiuzamento de Aurelia e os abusos do Concello en Elviña, tódalas nosas enerxías estaban centradas neses temas. Pero unha das bases do noso movemento é o traballo conxunto coas persoas que vén ameazado o seu dereito á vivenda, e a asemblea de afectadas forma parte fundamental deste traballo colectivo. Por isto, convocamos unha nova asemblea de afectadas, a última do ano, para este sábado día 13 ás 17h. no Forum Própolis (rúa Barcelona nº 115).

Se pesa sobre ti a ameaza dun desafiuzamento (sexa por unha hipoteca, alugueiro ou calquera outro motivo que te coloque nesa situación de precariedade), convidámoste a acudir a esta asemblea. A idea é reunírmonos xente afectada e solidaria para buscar solucións colectivas, sociais, para garantir o dereito á vivenda e resolver tanto as nosas problemáticas coma as da xente que se atopa en situacións semellantes á nosa.

Acudide e difundide!
NIN CASAS SEN XENTE NIN XENTE SEN CASA!

No hay comentarios:

Publicar un comentario