Páginas

domingo, 4 de enero de 2015

CAMPAÑA DE SOCIALIZACIÓN DE MULTAS: EXTRACTO SEMANAL DA CONTA

Tempo de Nadal! De ilusión, de paz, de amor… Máis nestes días tamén hai quen está a pasar medo de perder a súa casa, ou mesmo de ter que defendela. Dura realidade: terlles que pedir “ós reis” que non te boten da casa no canto de xoguetes e outras lerias… A cousa é así e, segundo as leis, todo vai ben, todo é xusto e correcto… son os nosos tempos, o noso Nadal dos pobres.

E, os que poden cambiar as cousas fan algo? Si, fan a “lei mordaza”, para impor a base de multas a mesma inxustiza de sempre. Xa non só vante chimpar da casa a paos, tamén vanche baleirar a conta con novas sancións se te defendes… Que humanitario! Seguro que a eles non lles faltan agasallos nestes días, fronte ás nosas multas.

Máis tamén estamos nós, que vos temos a vós como agasallo. Todas xuntas, imos defender á xente e as súas casas dos corruptos e poderosos que queren quedar con elas. Pensamos que compartes os nosos obxectivos e queres axudar, por iso, imos sumar a túa achega ás de todas na conta: ES81 1550 0001 2100 0067 9324 (Fiare banca ética).

Un último esforzo amigos, faltan menos de 1.300€ para acadar o noso obxectivo (7.000,00€). Moitas grazas ás que xa fixéchedes a vosa aportación, máis tamén a todas aquelas que traballades ó voso xeito para sacar adiante esta campaña: comentando, compartindo, movendo os cartaces pola cidade e de mil xeitos máis. Moitísimas grazas!!! Nesta loita todas somos importantes, e vós, aínda máis que nós!!

Os nosos mellores desexos para un 2015 ilusionante e combativo!

Moita forza xentiña, querémovos ben!

Nin casas sen xente, nin xente sen casas!


No hay comentarios:

Publicar un comentario