Páginas

viernes, 16 de enero de 2015

SUPERADOS OS 6.000,00€ NA CONTA DAS MULTAS!



Dous meses = 6.000,00€ e aínda non rematou a cousa!!! Felices non, o seguinte!!! Traballar polos dereitos das afectadas supón enfrontarse a poderes moi afianzados na nosa sociedade. É cuestión de coraxe e valentía, mais nós non somos superheroes, e dependemos da vosa forza para gañarlles a partida. É o voso apoio o que nos dá folgos para seguir a traballar: o voso respaldo na rúa, mais tamén a vosa solidariedade á hora de asumir as sancións.

Agora sentímonos fortes! Porque xa probamos as porras, e sabemos que podemos con elas, e porque, grazas a vós, non ter cartos para multas xa non é motivo para que ningún valente quede na casa no canto de estar en pé de loita. Non vos imaxinades a importancia da vosa resposta rápida e entusiasta, máis aínda cando pretenden sacarnos da rúa a base de “leis mordaza” e represión: Necesitámovos!!

A cousa é que aínda non rematamos, faltan 1000 euriños de nada para restregarlles as multas polo fociño ó Delegado do Goberno, máis ós policías que as inventaron. Segue aberta a conta: ES81 1550 0001 2100 0067 9324 (Fiare banca ética) para recoller as vosas achegas. Aportade veciños… por iso, porque somos veciñanza e comprendemos que mellorar a nosa sociedade é cousa de todas, e entre todas, podémo-lo conseguir!


Agora máis que nunca, grazas, moitas grazas!!!

Sumar é gañar! Pola loita do pobo que é a loita de todas!!! 


Nin casas sen xente, nin xente sen casas!!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario