lunes, 9 de febrero de 2015

CAMPAÑA DE SOCIALIZACIÓN DE MULTAS: TÓDOLOS EXTRACTOS DA CONTA


Co máximo afán de transparencia e de tervos ben informados da campaña das multas, recollimos tódolos extractos semanais da conta para presentárvolos xuntos. Aproveitamos para visibilizar algúns coletivos que pensamos foi un erro ocultar. Ahí tedes a mostra da vosa xenerosidade, da vosa conciencia de pobo, do voso esforzo solidario… Sodes un exemplo a seguir: vós, os de Elviña, os de Aríns, os de Coia,… toda a xente valente que se enfronta ás inxustizas.

Nós estamos esperanzadas, porque vemo-lo cambio posible. A loita penetra profundo no corazón da sociedade e se espalla de diversos xeitos por toda a xente, repartindo o esforzo e convertendo a indignación en empoderamento. Centos de achegas individuais, e algunhas de colectivos, son boa proba de elo. Os importes recollidos: 1, 3, 5, 10 euros, 20… algúns 30€ ou máis; falan da clave do éxito. Non é cousa de heroes, de grandes contribucións individuais; é cousa de estar todos xuntos, repartindo o medo e o sufrimento, mais tamén a alegría de saber que estamos a mellora-lo mundo, defendendo á xente e denunciando os corruptos do poder que só obedecen ós escuros intereses dos seus.

Queriamos chegar a 7.000,00€ e, moito antes do prazo que nos déramos para acadalo, chegamos ós 7.471,33€ cos que pechamo-la conta. Para nós isto é unha victoria absoluta que cuestiona a utilidade das multas como forma de represión. Multas inxustas que a xente non tolera, mentiras, enganos, listas negras, emprego da forza desmedida… as estratexias do poder que han de volverse na súa contra: NON VOS TEMOS MEDO!!! A nosa loita non violenta os delata, déixaos espidos diante da xente precisamente por iso, porque se enfrontan a nós, que nunca tiramos nin unha pedra, armados ata os dentes, cos seus cascos, os seus petos anti-balas, as súas porras… Canto máis doen os paos de hoxe, máis fortes estamos para enfrontarnos á violencia institucional de mañá, e ós que a usan contra nós!


Loita polos teus dereitos! Xúntate a xente! A loita é cousa de todas!!!

Nesta cidade non se desafiuza!!!

Nin casas sen xente, nin xente sen casas!!!
 
 












No hay comentarios:

Publicar un comentario