viernes, 24 de abril de 2015

SÁBADO 25, REVOLUCIÓN DO TOXO!

BICICLETADA E MARCHA CONTRA A REPRESIÓN!

O 25 de abril do 74 o Pobo Portugués fixo a Revolución dos Caraveis, o 25 de abril do 2015 comeza a Revolución do Toxo!

Asi que quen queirades levade toxos en flor (hainos moi xeitosos tanto en Elviña coma en Bens), xa que é como o noso goberno e as súas forzas da orde: en principio parece todo moi bonito pero en realidade pincha e fai dano a quen se achega.

Xa sabedes:

Ás 18h en Elviña se vas en bici.
Ás 20h na Praza de Ourense se vas a pé.

SÓ A LOITA FAI XUSTIZA!

No hay comentarios:

Publicar un comentario