lunes, 14 de septiembre de 2015

Asamblea aberta de acollida e traballo colectivo

Este martes a nosa asamblea de traballo está especialmente adicada a acoller e dar a benvida a persoas en risco de desafiuzamento, de aluguer, precario ou hipoteca. 

A asamblea é aberta e horizontal. Teremos tempo para falar das situacións concretas nas que está cada quen, de poñer en común as nosas experiencias e ver posibles vías de saída. A unión fai a forza. Falar do que nos pasa a cada quen desafoga, descóbrenos que non hai misterio nin culpabilidade na nosa situación, senón problemas xerais desta sociedade, derivados do modelo de traballo, de vivenda, de economía. E ó mesmo tempo, certo é que cada persoa é un mundo! 

A nosa idea é adicar un martes ó mes a dar a benvida ás persoas que chegan coas súas historias, ver de enfocar entre tod@s as vías de saída, e facer o seguimento do que vaia pasando. Nestes anos fomos intercambiando experiencias, relatos, identidades, e facendo camiño sobre a base do apoio mutuo, o desexo de grandes cambios e o traballo horizontal, feito paso a paso e desde as necesidades inmediatas e os desexos máis tolos. 

E as administracións? Non se sabe moito delas. Administran o silencio, o baleiro, a culpabilidade, e agardan que a crise sexa nosa e non súa. 

Vémonos o martes ás 19.30h, desta vez na Comuna (Vereda do Polvorín 35), o novo centro social de Monte Alto.

NIN CASAS SEN XENTE NIN XENTE SEN CASA!

No hay comentarios:

Publicar un comentario