jueves, 15 de octubre de 2015

Martes 20: Asemblea de persoas afectadas

O próximo martes 20 de outubro ás 19:30 no Centro Social A Comuna (Vereda do Polvorín, 35) realizaremos unha nova asemblea de asesoramento colectivo para persoas con problemas de vivenda. Estas asembleas teñen como finalidade coñecérmonos e comezar a construír rede para atopar solucións ós problemas de cadaquén ó mesmo tempo que nos apoiamos entre todas e todos.

Dende Stop Desafiuzamentos cremos que cada persoa ten que preguntarse non so qué podemos facer nós por ela, senón qué pode facer cada persoa por todas/os. Así que se tes problemas de vivenda ou os tiveches e cres que podes aportar coñecementos á colectividade, pásate pola asemblea o próximo martes 20 de outubro ás 19:30 polo Centro Social A Comuna no barrio de Monte Alto.

NIN CASAS SEN XENTE, NIN XENTE SEN CASA!

No hay comentarios:

Publicar un comentario