jueves, 26 de noviembre de 2015

Manifestación: cabodano do desaloxo en Elviña de Isabel e Varo

Hai xusto un ano sufrimos o duro desaloxo dunha familia, a de Isa e Varo, afectada polo Plan Ofimático. Para lembrar a desfeita e reclamar xustiza, a xente de Elviña Non Se Vende convoca unha manifestación para mañá ás 20.30h con saída da Igrexa de San Vicente de Elviña. Dende Stop Desafiuzamentos A Coruña queremos amosar a nosa solidariedade e apoio.

Copiámosvos o manifesto que puxeron na convocatoria de Facebook:

Todo segue igual...

O día 27 fará un ano que "atacaron" o noso pobo desaloxando e derruíndo a casa de Varo e Isabel, a excusa foi que a casa molestaba para facer unha ponte que conectaba co Ofimático, e sabedes que vai pasar con esa ponte? Pois que ó final non se fai, é dicir, tiráronlle a casa e deixaron a unha familia na rúa para NADA, pero o chiste do conto é que neste ano non cambiou nada, a Varo e ó resto da xente sigueselles a esixir que paguen as cuotas do Ofimatico, as cales nalgúns casos pasan dos 20.000 euros (cada unha). É dicir, que despois dun ano Varo esta sen casa e con débedas de miles de euros por un terreo que foi obrigado a aceptar e por riba ten que urbanizar.

Non só queremos a desafectación senon tamén que se lle faga unha restitución a Varo e Isabel, e dános igual as excusas que nos queiran poñer sexa a Marea ou maría santísima.

RESTITUCION e DESAFECTACION XA!!!!!

Vídeo do desaloxo por GZ Contrainfo


No hay comentarios:

Publicar un comentario