Páginas

viernes, 12 de febrero de 2016

Asemblea de persoas afectadas de febreiro

Nova asemblea de afectadas!

Vémonos o próximo martes, 16 de Febreiro, no centro social A Comuna (Verea do Polvorín nº 35) para poñer en común experiencias e coñecementos, e facer fronte colectivamente ás situacións de desafiuzamento nas que nos atopamos.

Nas últimas asembleas vimos que, a pesares das declaracións aparecidas nos medios durante os últimos meses, o dereito á vivenda segue sen estar garantido, que os bancos continúan desafiuzando e denunciando á xente que non pode pagar as hipotecas, sen amosar vontade de negociación e aplicando a lóxica da apisonadora. Mantéñense tamén os desafiuzamentos en alugueres (os xornais falan de dous ó día só na nosa cidade), e cando a xente, ante a imposibilidade de acceder á unha vivenda polas vías formais, recurre a alternativas para poder durmir baixo teito, tamén é arrinconada e perseguida polo sistema.

Temos que pensar conxuntamente en solucións que nos sirvan a nós pero tamén á xente que, ó noso lado ou noutras cidades, pasa por situacións semellantes. Ábrense vías xurídicas que hai un par de anos parecían imposibles, pero que a base de compartir información, crear conciencia social e insistir, parecen ir tomando forma. O apoio mutuo e a vontade de dar a cara, de non agochar a cabeza baixo terra pese a tódalas dificultades que xa temos que sufrir e o medo ó "que dirán", son claves. Xa aprendimos que non nos van regalar nada, que non imos acadar solucións dignas se non loitamos por elas.

NIN CASAS SEN XENTE NIN XENTE SEN CASA!
SÓ A LOITA FAI XUSTIZA!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario