Páginas

lunes, 20 de enero de 2014

Solidariedade con Aziz

A pasada semana foi deportado un activista da PAH-Girona, residente no Estado español dende hai máis de 9 anos. Sendo Aziz unha persoa que tivo un importante papel en distintas loitas sociais (como por exemplo a defensa do Bloc Salt), a celeridade coa que se levou este proceso leva a sospeitar un uso abusivo e malintencionado da Lei por parte das administracións correspondentes.

En todo caso, estamos ante a aplicación implacable dunha lexislación inxusta, a Lei de Estranxeiría, que supón a expulsión dunhas 11.000 persoas cada ano. As persoas migrantes pobres son encerradas e deportadas contra a súa vontade. O noso Goberno, comprensivo, "facilita" unha vía para evitar este tipo de incomodidades: basta mercar unha vivenda taxada en máis de 500.000€ para recibir a nacionalidade de xeito case instantáneo.

Para máis información sobre o caso de Aziz, recomendamos visitar o blogue da PAH Girona.

No hay comentarios:

Publicar un comentario