martes, 4 de febrero de 2014

Brutal agresión policial en Valladolid



O pasado domingo en Valladolid, tras unha manifestación pacífica polas rúas da cidade coa que se pretendía respostar ó congreso do Partido Popular que remataba ese mesmo día, a UIP (Unidade de Intervención Policial) cargou violentamente contra a xente alí concentrada, saldándose a actuación con oito persoas feridas e tres detidas.

Unha delas, Encarna, compañeira de STOP Desafiuzamentos Valladolid, ingresou no hospital cun ictus cerebral causado pola brutal paliza propinada polos antidisturbios. Dende STOP Desafiuzamentos Coruña queremos solidarizarnos coas persoas agredidas de Valladolid, desexar unha pronta recuperación a Encarna, e manifestar a nosa repulsa ante a represión sistémica e sistemática contra os movementos sociais que se está a levar a cabo neste Estado. Os agresores non poden seguir escondéndose detrás das súas placas.

Contra a represión, mobilización!


Tedes máis información sobre esta desagradable noticia nos seguintes links:
- Kaos en la Red: "Manifestante hospitalizada grave"
- STOP Desahucios Valladolid: "Contra la represión y por la libertad"
- Público: "Valladolid clama contra el PP por las cargas policiales"

No hay comentarios:

Publicar un comentario