Páginas

miércoles, 19 de febrero de 2014

Noite da Desobediencia!

Este sábado 22 teremos unha noite completiña: deliciosa cea vegana ás 20h, timba poética ás 21h, concertazo do Leo i Arremecághona ás 22.30h e unha sesión de DJ a partires da medianoite co Anticorruptela Sound System. Todo para celebrar con vós un ano de desobediencia e solidariedade dende a paralización do desafiuzamento de Aurelia, que posiblemente constituíu un fito (un máis) no activismo social da cidade.

Aproveitamos para agradecer a colaboración de tódolos colectivos e persoas particulares que fixeron parte fundamental neses días de loita e en todos os que seguiron. Porque sabemos que a unión de forzas e o traballo conxunto é o único xeito de deter este sistema criminal que nos condena ó empobrecemento, á miseria e ó medo.

A actividade deste sábado englóbase dentro da campaña Múltannos a nós para asustarte a ti, coa que pretendemos concienciar da violencia burorrepresiva e facer un fondo de resistencia contra as multas que foron chegando nos últimos tempos (cuantificadas actualmente en 4.000 €).

A Noite da Desobediencia terá lugar no CSOA de Palavea este sábado 22 de Febreiro a partires das 20h. Acudide e difundide!

No hay comentarios:

Publicar un comentario