Páginas

jueves, 5 de junio de 2014

Nova asemblea de persoas afectadas polo dereito á vivenda


A asemblea de persoas afectadas está resultando unha das ferramentas máis potentes no movemento polo dereito á vivenda: un espazo de confluencia no que converxen persoas con problemas distintos (débedas hipotecarias, incapacidade económica para facer fronte ós alugueiros, situacións de precario, etc.) para compartir información útil, experiencias, apoio, e no que poden elaborar estratexias conxuntas de denuncia e solidariedade.

O sábado 14 ás 17h da tarde voltarémonos a reunir no Forum Própolis (rúa Barcelona 115) nunha nova asemblea para facer fronte conxuntamente ós abusos que sofre o dereito á vivenda na nosa cidade. Porque non debemos esquecer que, mentres os desafiuzamentos se suceden a diario, seguen habendo arredor de 20.000 vivendas baleiras só na Coruña.

NIN CASAS SEN XENTE, NIN XENTE SEN CASA!
NESTA CIDADE NON SE DESAHUCIA!

No hay comentarios:

Publicar un comentario