domingo, 28 de diciembre de 2014

CAMPAÑA DE SOCIALIZACIÓN DE MULTAS: EXTRACTO SEMANAL DA CONTA

Xuíces que pensades que un cartaz é unha arma perigosa, políticos que tratades ás que defenden a súa casa como terroristas, directores de xornais que creedes que podedes ocultar a verdade… Saíde á rúa e falade coa veciñanza para sentir o noso desprezo: non vos aturamos! Vos xuntades, e conspirades contra a xente e a favor dos vosos escuros intereses, dos vosos cartos, do voso poder roubado ó pobo. Sodes mafia! Cheirades a podre!

Fronte a vós estamos nós e moitas outras máis, ben organizadas para defender o noso, alegres, porque nos empurra a forza da xente, e combativas, porque sabemos loitar sen soltar un só golpe. Os violentos sodes vós, que empregades a vosa xauría de antidisturbios contra nós para impor a vosa tolemia. Multas, multas e máis multas. Ese é o voso erro, porque a xente o entende como un xeito de axudar, de participar; e aportando, empodérase, soña, cre…

Nos sabémolo ben e creamos as ferramentas para que a xente participe, neste caso unha conta onde todas podedes unirvos á loita coa vosa achega: ES 81 1550 0001 2100 0067 9324 (Fiare banca ética). Non é cousa de cartos, é solidariedade, sinerxia, conciencia de pobo, sentimento,… E a nós, axúdanos a seguir a pé de rúa, sen medo, organizándonos coa veciñanza que cada día cre máis na súa forza. Aporta, amigo, necesitámoste con nós. Xuntos imos cambiar as cousas e imos terminar cos desafiuzamentos!

FELICES E COMBATIVAS FESTAS!

Nin xente sen casas, nin casas sen xente!


No hay comentarios:

Publicar un comentario