jueves, 11 de diciembre de 2014

SUPERADOS OS 5.000,00 € NA CAMPAÑA DE SOCIALIZACIÓN DAS MULTAS!!



Amigos, non nos colle o corazón no peito do felices que estamos. É ilusionante ver como a vosa solidariedade supera con creces as nosas expectativas e, pouco máis dun mes despois de que Roberto, o noso bombeiro, decidira pór en marcha esta iniciativa, esteamos xa tan preto do noso obxectivo (recoller achegas por valor de 7.000,00€).

Non baixedes o ritmo, por favor. Non se trata só de xuntar os cartos, está tamén a lección de civismo dunha veciñanza que non atura a sen razón dun sistema que emprega toda a forza legal contra aqueles que, pacificamente, evitan que se bote á xente humilde das súas casas.

As que axudades coas multas, sodes tan de Stop Desafiuzamentos como quen nós pechamos no portal para non deixar pasar á policía. Únete a nós compañeiro, e fai a túa achega na conta: ES 81 1550 0001 2100 0067 9324 (Fiare banca ética). Mentres ti esteas tra-las nosas costas, sóbrannos os folgos para seguir loitando. Precisamos do teu apoio e xenerosidade para demostrarlles ós corruptos e mafiosos que xuntos somos máis fortes e imos terminar coa súa avaricia sen límites.

Non ás casas baleiras en mans de banqueiros e especuladores!
Non á represión dos activistas que loitan pola verdadeira xustiza!
Non a lei mordaza que inventaron expresamente para acalar a nosa loita!
Non estamos soas, o pobo está con nós!
Nin casas sen xente, nin xente sen casas!





P.D: Aproveitamos a ocasión para anunciarvos que mudamos o día de publicación de extractos da conta para os domingos (antes era os venres). Moitas gracias a todas pola vosa colaboración.

No hay comentarios:

Publicar un comentario