Páginas

domingo, 18 de enero de 2015

Campaña de socialización de multas: 18 DE FEBREIRO, FIN DE CAMPAÑA!!

Hoxe é 18 de xaneiro. Xusto nun mes fará dous anos do intento de desafiuzamento de Aurelia Rey (18/02/2013). Daquela estabamos felices porque gañamos, mais aínda estaban por vir as multas e máis os xuízos. Baleiraron as nosas contas, mareáronnos con citacións e sentenzas… e eiquí seguimos, alegres e combativas coma sempre! O que non te mata, faite máis forte!

Mais agora tamén estamos felices, porque, socializando as multas que trouxo todo aquelo, ímoslle pór fin definitivamente ó “caso Aurelia”, e ímosllo pór NÓS gañando de novo. Deste xeito, anunciamos que o vindeiro 18 de febreiro, coincidindo co aniversario do intento de desafiuzamento de Aurelia Rey, remataremos esta “aventura” de pouco máis de tres meses co peche da conta. Para entón, esperamos ter xuntado os cartos necesarios para pagar tódalas multas do “caso Aurelia”, para entregarllos ós multados, e dar así fin a esta campaña.

Polo momento, a conta: ES81 1550 0001 2100 0067 9324 (Fiare banca ética) segue aberta, e aínda faltan máis de 500€ para acadar o noso obxectivo (7.000,00€). Non fai falla que o poñas todo ti, nós preferimos que fagas unha pequena achega para que, ó final, sexa cousa de moitos e, xuntos, sexamos máis fortes e podamos defender á xente e ás súas casas dos corruptos e poderosos que queren quedar con elas!

Polas veciñas que coidan das demáis! Pola xente valente e xenerosa!

Nesta cidade non se desafiuza!!!

Nin casas sen xente, nin xente sen casas!!!


No hay comentarios:

Publicar un comentario