Páginas

jueves, 12 de diciembre de 2013

Venres 13 contra o Terror Bancario

Mañá, venres 13 de Decembro, imos realizar un roteiro de bancos para denunciar as súas estafas e o ensañamento co que tratan á xente perxudicada polas hipotecas e outros activos tóxicos que eles mesmos lles venderan. A saída será ás 12h do Obelisco.

A continuación pegamos o texto da convocatoria:


O 2007 marca pra moitas voces, o comezo dunha crise manifesta na sociedade galega e no estado español. O motor de producción e reproducción social do mundo capitalista en forma de crédito, veuse abaixo. A especulación financieira cun ben básico coma a vivenda, orquestada polos poderes bancarios en connivencia cos diferentes gobernos que dende 1978 ocuparon o poder, esgotouse e visibilizouse en forma de estafa bancaria.

Milleiros de familias non so véronse expulsadas do sistema de consumo e satisfacción de necesidades imperante, so facilitado polas rendas do traballo da ampla e maioritaria baixa clase social, se non que veron coma suas vidas tiñan o valor do crédito ao que podían facer fronte.

Namentres os bancos estafaron, enganaron, e na actualidade desafiuzan e ameazan ás persoas e familias en situación de carestía e vulnerabilidade, que tan so anos aatrás, era garantía pra liberalización do acceso a un crédito que sempre foi impagable. Os poderes públicos destinan enormes sumas de diñeiro (9500 millons a NCG, 7500 a BANKIA...) que chegan ate mais de 40mil millons no rescate bancario do estado español. Rescate ás institucións do sistema, non as persoas e familias atacadas, utilizadas e valoradas polos mesmos bancos que roubaron e xogaron coma trileiros coas nosas vidas.

Na mañan do venres 13 ás 12:00H no obelisco convidamos a asistir ó roteiro contra o terror bancario, que estafa, rouba e ameaza a nosa simple existencia.

Porque nesta cidade non se desafiuza. E sobretodo, porque NON É UNHA CRISE É UNHA ESTAFA. Convirtamos as rúas nos nosos parlamentos, os bairros nas nosas fortalezas e a vivenda no noso dereito.

No hay comentarios:

Publicar un comentario