Continuamos coa dinámica das asembleas mensuais de persoas afectadas, nas que conflúe xente con dificultades derivadas das estafas hipotecarias, os altos prezos dos alugueiros, os desafiuzamentos por precario e outros problemas de acceso á vivenda.
Conxuntamente búscanse solucións e medidas de presión para facer efectivo o dereito á vivenda entendido como un dereito social, non xa como un ben de consumo de luxo.
A asemblea deste mes terá lugar este sábado día 15, ás 17h no Fórum Própolis (R/ Barcelona, 115). Acudide e difundide!
No hay comentarios:
Publicar un comentario