Páginas

miércoles, 5 de febrero de 2014

Renda Básica das Iguais


En colaboración coa xente de Baladre e o #15M de Monte Alto organizamos unha xornada de formación sobre a Renda Básica das Iguais, unha ferramenta de reparto da riqueza que viría a asegurar a subsistencia de tódalas persoas.

Como dende STOP Desafiuzamentos entendemos que a cuestión do acceso á vivenda non é un tema illado, senon que constitúe unha parte máis dun sistema económico e social inxusto, apostamos nesta charla polo repensamento da nosa sociedade e a posibilidade de construír outras mellores e máis xustas.

A xornada terá lugar este venres 7 das 16.30h ás 20.30h na Asociación Cultural Alexandre Bóveda (r/ Olmos 14-16). O día anterior ás 19.30h a xente do #15M de Monte Alto, á súa vez, adicarán a súa asemblea popular mensual ó mesmo tema.

No hay comentarios:

Publicar un comentario