domingo, 20 de julio de 2014

COMPAÑEIRAS EN RISCO DE DESAFIUZAMENTO!

A unha compañeira coa que estamos en contacto dende comezos de ano chegoulle hai unhas semanas a sentencia firme de desafiuzamento. Ela vive xunto á súa nai nunha vivenda sen contrato (en precario), e a pesares de estar enferma é a encargada de coidar a súa nai as 24 horas, sobrevivindo coa pensión de discapacidade da nai (365'90 €).

Dende case o comezo do proceso, estivo dando tódolos pasos posibles para evitar verse na rúa: contactou con Servicios Sociais, pediu unha valoración de dependencia para a súa nai, apelou ó Convenio entre Xunta, Concellos e Poder Xudicial atestiguando a situación de vulnerabilidade social que atravesa, solicitou vivenda social á Xunta pola vía ordinaria e a directa (artículo 48 do Decreto 253/2007 da Xunta de Galicia).

A súa experiencia cos Servicios sociais do Concello da Coruña e concretamente ca súa asistenta social de referencia, non lle está a dar os resultados que ela precisa neste momento, xa que apenas lle proporcionan información, non lle están prestando apoio e, pese a tratarse de Servizos Sociais, non amosan ningún tipo de empatía coa súa situación. En lugar de tratala como unha persoa con dereitos, a traballadora social está a exercer sobre esta muller unha posición de control e superioridade, actitude que revela unha total falta de profesionalidade por parte dunha persoa cuxa función é apoiar a quenes se atopan en situación de vulnerabilidade social. Chegou a chamala por teléfono e despois de reprendela e culpabilizala, mesmo lle dixo que por qué non marchaba para Uruguay.
A súa situación é extensible ós milleiros de persoas que sufren a indiferencia da Administración á hora de garantir os seus dereitos.

Nesta cidade non se desahucia!
Nin xente sen casa, nin casas sen xente!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario