jueves, 7 de enero de 2016

Asemblea de persoas afectadas de xaneiro

Este ano comezarémolo cunha nova asemblea de persoas afectadas. Como sabedes, o obxectivo destas asembleas é reunir á xente que ve ameazado o seu dereito á vivenda, baixo a presión de calquera tipo de desafiuzamento inminente (hipoteca, alugueiro, precario...), para compartir información sobre como facer fronte a estes procesos, dar apoio mutuo e argallar conxuntamente xeitos de visibilizar esta ameaza.

Reunirémonos o próximo martes, día 12, ás 19.30h no Centro Social A Comuna (Verea do Polvorín, nº 35, no barrio de Monte Alto). Veredes que colectivamente atopamos forza e ideas para afrontar esta situación, que sempre se pode facer máis do que nos din no banco, nos xulgados ou nos servizos sociais, e que é con esa forza colectiva que poderemos mudar as cousas para que ninguén máis teña que perder a súa vivenda.


NIN CASAS SEN XENTE, NIN XENTE SEN CASA!
SÓ A LOITA FAI XUSTIZA!

No hay comentarios:

Publicar un comentario