Tras parar o desafiuzamento de Elisabeth o
Martes 8, a coordinación institucional necesaria pra solución do presente
conflicto convertiuse nunha empresa fabulada ao abeiro dos acontecementos
sucedidos ao longo destes días.
Sorprende a parsimonia do órgano xudicial para dar resposta
a un requerimento da Consellería de Traballo e Benestar ante unha situación de
emerxencia como a que estamos a vivir. Emerxencia pola nula marxe temporal da
que se dispón (o desafiuzamento, marcado para onte, non tivo lugar simplemente
pola presión social na rúa, que o parou no momento en que se ía producir a
notificación) e pola situación da propia afectada, Elisabeth, tal e como
recoñece a Consellería de Traballo e Benestar e o propio Xulgado de 1ª
Instancia nº 9. [Aquí podedes revisar o documento]
En vista desta emerxencia, non nos explicamos a sucesión dos
acontecementos: o venres 4 de outubro o xuíz notifica unha posible situación de
vulnerabilidade social e remite á Consellería de Benestar e Traballo; a
Consellería no mesmo día constata a falta de tempo material para actuar, e o
luns 7 envía un fax solicitando a suspensión do desafiuzamento. Tendo en conta
que o día 7 era festivo local na cidade da Coruña, e entendendo que o xulgado
competente tiña esta notificación dende o día 8 (data marcada para o
desafiuzamento) a primeira hora, que se fixo dende o xulgado ata o día de hoxe?
Pasaron dous días e Elisabeth non ten ningunha notificación oficial de que o
desafiuzamento fose suspendido.
O único que queda é que o xuíz se pronuncie inmediatamente
para que a Consellería de Benestar e Traballo e os Servizos Sociais do Concello
da Coruña acaden unha solución axeitada para Elisabeth. Ata entón, seguiremos
resistindo.
No hay comentarios:
Publicar un comentario