O vindeiro martes
8 ás 10:30hrs. da mañán está
previsto o desafiuzamento de Elisabeth Sanlés, unha muller nai de tres fillos, con escasos 200 euros para vivir e
que non pode facer fronte ao pago do alugueiro da súa casa.
Ante a vaga
de solidaridade que en diferentes puntos do Estado están a frear varios desafiuzamentos,
os corpos policiais están a implementar dispositivos cada vez máis fortes e
marciais, coma é o acordonamento e establecemento dun perímetro de seguridade
dende horas antes de tentar levar a cabo citado desafiuzamento.
En previsión
desta posíbel situación, comenzaremos unha vixilia e retén a partires
das 20.30hrs. de mañán, luns día 7, no portal de Elisabeth: R/Antonio Noche López, nº30, no barrio de O
Castrillón.
Ao día seguinte –martes 8-
concentrarémonos nas inmediacións da súa vivenda a partir das 9:00hrs.
Solicitamos a axuda de tódolos colectivos sociais e da
ciadanía en xeral pra deter esta barbarie ante a que os poderes públicos se están
a amosar indiferentes.
Agradecemos enormemente o voso apoio e a
difusión desta convocatoria.
Porque
xuntas e xuntos podemos!!!
Galiza libre
de desafiuzamentos!
______________
No hay comentarios:
Publicar un comentario