Logo da represión exercida o pasado xoves no desaloxo da casa de Álvaro
en Elviña por parte da Policía Nacional e Local enviada polo Concello
da Coruña, facemos un chamamento a todas aquelas persoas que estiveran
alí presentes para recoller toda a información dese día en canto
violencia física, ameazas e xeitos de proceder abusivos: imaxes, vídeos,
partes de lesións, testemuñas, etc.
A idea é recabar toda aquilo
que nos poida servir para visibilizar con exactitude o que aconteceu ese
día, así como valorar colectivamente a posibilidade de emprender
accións legais. Para isto, contactade a través do noso correo
electrónico: desahucios.coruna@gmail.com
Xuntas somos máis fortes!
Graciñas!
Graciñas!
No hay comentarios:
Publicar un comentario