AÍNDA HAI MOITO POR FACER ATA CHEGAR ÓS 7.000€!!!
Éche ben duro recibir os paos dos antidisturbios, mais que a unha parada lle embarguen 600,00€ da conta por unha multa, éche mais duro aínda. Non che son multas de tráfico, son por defender a dignidade de Aurelia Rey, e non deixar que a botaran da sua casa. Esa é a violencia que empregan contra nós e non ve ninguén.
Moitas non temos cartos, mais queremos seguir loitando. Sabemos que contamos con vós para soportar os paos, e o demostrades na rúa poñendo o corpo. Acordádevos tamén do outro –as multas- que, según a quen, pódenlle facer mais dano que os golpes, e poñede tamén a carteira.
Unha pequena aportación non supón nada, mais moitas xuntas poden chegar máis aló do noso obxectivo, aínda lonxano, de acadar os 7.000,00€ (levamos 4,110,31€ na conta). Vos suma á loita contra os despexos, e iso únenos e empodéranos para enfrontarnos xuntos ós corruptos e poderosos que botan á xente das suas casas. Aportando, mollades a súa pólvora. Por enriba, chegando os 7.000,00€ lles damos nos dentes. Qué reventen da coraxe de ver que non nos fan dano!
Ánimo compañeiros, e facede a vosa aportación na conta: ES 81 1550 0001 2100 0067 9324 (Fiare banca ética). Xuntos, imos terminar cos desafiuzamentos e lles imos restregar os cartos das multas polo fouciño.
Non a tanta merda de multa! NOOON TEEEMOS MEEEDO!
Nin casas sen xente, nin xente sen casas!
No hay comentarios:
Publicar un comentario