Páginas

domingo, 11 de enero de 2015

CAMPAÑA DE SOCIALIZACIÓN DE MULTAS: EXTRACTO SEMANAL DA CONTA

As multas son para os que fan mal as cousas, para os que poñen en risco á xente e ás propiedades. Non son para as que evitan os abusos dos poderosos, nin tampouco para as que expresan a vontade do pobo de facer real un dereito: o dereito a un teito e a unha vida digna.

Cando nos poñen as multas, a xente non o entende: Que propiedade estragamos nós, se son eles os que chegan con serras e ata con excavadoras? A quen poñemos en risco, se somos nós as que saímos mancadas? Sonche xeitos de amolar, de facer dano, nada que ver coa xustiza. Simple munición contra quen temen: nós; porque imos contra os seus escuros intereses… e porque vos temos a vós, e a vós, si que vos teñen medo!

O voso apoio é evidente, vése na conta: ES81 1550 0001 2100 0067 9324 (Fiare banca ética); onde facedes as vosas achegas para axudar a paga-las multas do caso “Aurelia”. O resultado é ilusionante para nós, e failles tremer as pernas ós caciques e poderosos que ven truncados os seus plans: en algo máis de mes e medio, estamos a piques de chegar ós 6.000 €, cerquiña, cerquiña xa dos 7.000,00€ do noso obxectivo.

Sodes moitas e sodes grandes e xenerosas! O esforzo repartido entre todas, non é esforzo, máis volca a razón do noso lado e sinala ós corruptos do poder, que viven de xogarlle á contra ó pobo. Aínda estás a tempo: contribúe á loita coa túa achega! O teu apoio é importante!

Pola veciñanza en pé! Polos que loitan polo seu!

Nesta cidade non se desafiuza!!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario