O obxectivo
de Néstor Yuguero é reivindicar as cinco esixencias das Plataformas de Afectados pola
Hipoteca (PAHs) dentro da campaña #Las5delaPAH
e o seu instrumento é a bicicleta coa que está percorrendo toda
España para dar a coñecer as reivindicacións da PAH: a
dación en pago, uns alugueiros con prezos accesibles, o cese dos
desafiuzamentos, mellorar o parque de vivenda social e que os
suministros estean garantidos. Néstor chegará hoxe entorno ás 19.00 horas a Coruña e será
recibido por Stop Desafiuzamentos A Coruña a esa mesma hora no
Obelisco.
#Las5delaPAH
é unha campaña das PAHs a nivel estatal para demandar ao Congreso
dos diputados cinco medidas de mínimos para rematar coa emergencia
habitacional e a pobreza energética que sofren centos de milleiros
de familias Neste contexto, Néstor, que forma parte da PAH de
Ripollet, propuxo
facer o #TourLas5delaPAH.
Dende o 10 de Febreiro , o ciclista ten viaxado por todo o estado
en bicicleta coa intención de motivarnos a todas nunha loita polo
cambio de lei a nivel estatal.
A
viaxe de Néstor compónse de tres etapas: de Ripollet (Barcelona) a
Sevilla (roteiro xa completado); Sevilla-A Coruña (na que está
agora) e unha última etapa da Coruña de volta a Ripollet
(Barcelona).
Cita
|
Recibimento de
Stop Desafiuzamentos ao ciclista Néstor
Yuguero dentro da campaña #Las5delaPAH
|
Lugar
|
Obelisco
|
Día
|
Xoves 14 de
Abril de 2016
|
Hora
|
En torno ás
19.00 horas
|
NIN
CASAS SEN XENTE, NIN XENTE SEN CASA!
No hay comentarios:
Publicar un comentario