Páginas

domingo, 9 de diciembre de 2018

Comunicado Decembro 2018


Nativa ou extranxeira, a mesma clase obreira...
Nin casas sin xente, nin xente sin casas...
Comunicado decidido en asamblea:
Stop desafiuzamentos é un movemento apartidista; sen embargo, dende Stop desafiuzamentos A Coruña, non podemos deixar de manifestar a nosa preocupación ante o avance de partidos de ultradereita que presentan claramente á xente propostas que significan un retroceso na conquista de dereitos e liberdades da humanidade, máxime, cando ese avance non se trata dun feito anecdótico, senón que obsérvase a nivel mundial...
Manterémonos firmes no combate de toda ideoloxía que cercene os nosos dereitos e liberdades, tanto individuais coma colectivas.
Entendemos que esta auxe responde principalmente a unha falta de resposta política que cubra os intereses da xente, unha falta xeneralizada de conciencia, que debemos pararlle os pes a programas que son claramente antisociais, xenófobos, homofobos, racistas e machistas que exprimen as clases mais baixas, que non amparan os intereses da maioria, que excluen ás persoas e, que pretenden ilegalizar todo espacio social e político que non asuma as suas liñas: dende ONXs, colectivos feministas, sindicatos, colectivos de esquerdas, etc…
Para eles, colectivos coma o noso, que pronunciamonos a favor do dereito dos pobos a decidir, que apoaimos o uso da lingua e cultura galega en igualdad de condicións, que axudamos a toda persoa sen mirar o seu país de orixe, que apoiamos a liberdade de decisión das mulleres sobre os seus corpos… serían perseguidos e ilegalizados.
Somos un colectivo da rúa e na rúa atopamonos con moitos outros, amigos, compañeiros de loita: colectivos feministas, de inmigrantes, de traballadores, sindicatos, diversas loitas, eles e nós non teriamos cabida baixo o goberno da extrema dereita.
Non podemos quedar calados ante tales consignas pois a naturalización destes discursos significan anos e anos de retroceso.
Por todo elo, entendendo que o momento político o requere mais ca nunca, chamamos a unión e a forza do texido social da nosa cidade; precisamos mais ca nunca un espazo onde analizar e entender o que ocorre na sociedade e organizarnos para facer forza fronte o que se nos ven enriba.
Nativa ou extranxeira, a mesma clase obreira!
Nin xente sen casas, nin casas sen xente!
Polo dereito a decidir sobre as nosas vidas e os nosos corpos... A loita é o único camiño!

No hay comentarios:

Publicar un comentario