Páginas

martes, 24 de septiembre de 2013

Asemblea de persoas afectadas por desafiuzamentos


Posto que nos últimos tempos son cada vez máis as persoas que acoden a nós na procura de axuda ante a ameaza de quedaren sen vivenda, dende STOP Desafiuzamentos A Coruña decidimos abrir un espazo de asesoría colectiva coma os que xa están a funcionar noutras comarcas galegas e tamén en moitas cidades do Estado español.

Así, convidamos a tódalas persoas afectadas por situacións de desafiuzamento á asemblea que imos facer o vindeiro sábado 5 de Outubro na Asociación Cultural Alexandre Bóveda (R/ Olmos 16), ás 11:00hrs.
Con este encontro o que procuramos é reunir á xente ameazada por procedementos de desafiuzamento, compartir información sobre como facer fronte a esas ameazas, xerar un acompañamento afectivo ás persoas afectadas e pensarmos conxuntamente accións de denuncia colectiva desta situación.


A nosa intención é realizar estas asembleas periodicamente, para deste xeito fomentar a autoorganización e combater a sensación de vergoña que moitas veces invade ás persoas que, malia a seren vítimas da violencia estrutural, demasiado a miúdo optan por cargar con este abuso na súa intimidade.

Ca realización destas asembleas colectivas queremos tamén axudar a visibilizar que no contexto socioeconómico actual as situacións de desafiuzamento non se poden vincular estritamente á mala sorte ou a unha mala praxe persoal, senón que na maioría dos casos estamos ante exemplos persoais dun problema que xa é social e, polo tanto, contra o que cómpre loitar colectivamente.

1 comentario:

  1. Hola a todos: Soy Ricardo y estuve en la asamblea. Los que asististeis quizás os acordéis de mi.
    El motivo del presente es manifestar que mereció la pena el haber asistido y que veo posibilidades en cambiar la situación mediante la unión de todos.
    Bueno por ahora nada más, un saludo y os dejo mi dirección de contacto para lo que queráis, aunque solo sea para desaogar.
    Ricardo Costa. ricardocostaparada@gmail.com
    Nota: Esta dirección es la que he abierto exclusivamente para este tema.

    ResponderEliminar