Na
mañá deste venres acudimos xunto ca compañeira
do barrio dos Mallos en risco de desafiuzamento a facer entrega
dun recurso contra a denegación
dunha vivenda social polo procedemento de emerxencia notificada polo
Instituto Galego de Vivenda e Solo (IGVS) fai unhas semanas, ao
adoecer este rexeitamento administrativo de falta de motivación e
ditarse prescindindo absolutamente do procedemento establecido.


Aliás, o
IGVS vai mesmo contra o Tribunal Europeo de Dereitos Humanos
(TEDH),
obviando que tense pronunciado, en decisións vinculantes para as
administracións, afirmando que o
desafiuzamento sen alternativa de realoxo viola os dereitos humanos,
e responsabilizando ás administracións de garantir esta alternativa
de vivenda.
Ca súa
inoperancia e abandono total de responsabilidades, tamén está a
desobedecer o IGVS ao Tribunal
de Xustiza da Unión Europea,
que vén de concluír na sentencia
de 10 de setembro de 2014, no asunto C-34/13, que o
dereito á vivenda é un dereito fundamental garantido polo artigo
nº7 da Carta de Dereitos Fundamentais da Unión Europea,
incorporando
tamén os criterios do TEDH.
Por se esta
actitude non fora cruel abondo, fai uns días as compañeiras de STOP
Desafiuzamentos Compostela denunciaron
a través dos medios de comunicación, que o IGVS dispón de 500
vivendas para unidades familiares vítimas de desafiuzamentos, mais
só concedeu 33 (!).
Tamén alertadas
pola inhumana irresponsabilidade que está a amosar o IGVS,
contactaron connosco compañeiras de STOP Desafiuzamentos
Barbanza para lembrarnos que o
ano pasado o propio Director Xeral do Instituto Galego de Vivenda e
Solo comprometeuse
publicamente a realoxar a tódalas familias sen recursos ou en
situación de desafiuzamento.
Esta mesma
mentira “vendeulla” o IGVS tamén a STOP Desafiuzamentos
Compostela apenas un mes máis tarde.
Polo tanto,
malia
a que o IGVS conta con 467 vivendas libres e un amplo abano de
ferramentas legais á súa disposición,
preferiu deixar na rúa no seu momento a Elisabeth
Sanlés, fai uns días a unha familia
de Aríns vítima dunha estafa e agora teima
tamén en abocar á exclusión social a estas dúas veciñas da
Coruña.
Todo
isto ademais cando fai
apenas uns días a Defensora do Pobo a nivel estatal afirmou que “non
debe haber desafiuzamentos de familias que non poden facer fronte ao
pago das súas hipotecas por razóns explicadas e motivadas de boa
fe"
e instou
ás administracións a mobilizar
a través do alugueiro a bolsa de case 14.000 vivendas protexidas
baleiras
que xestionan as comunidades autónomas e concellos.
Por
que o IGVS non está logo a cumprir ca súa responsabilidade de facer
fronte aos desafiuzamentos xestionando as 500 vivendas cas que conta
pra ese cometido?
Onde
está o
cacareado convenio
entre institucións ca
que se lle enchía a boca ao presidente da Xunta
o ano pasado? Onde está o
decreto
para “paliar os efectos da crise”
sobre as familias desafiuzadas
que a Xunta de Galiza se encargou de publicitar no ano 2012? Que
obxectivo a maiores da pura cosmética tivo a emisión da
Orde
de 16 de maio de 2013
pola que se determina como colectivo de atención preferente con
axudas excepcionais ás personas afectadas por execucións
hipotecarias
no marco do Programa Aluga? Por que incluso as
mulleres
vítimas de violencia machista foron expulsadas deste Programa?
As
distintas plataformas antidesafiuzamentos da Galiza estamos
extremadamente fartas de tantas mentiras. Persistiremos
en poñer en evidencia a frialdade ca que o IGVS está a empuxar á
indixencia a centos de familias galegas,
e estamos decididas a articular
medidas de presión contra este organismo para que desbloquee as 467
vivendas baleiras que ten a responsabilidade de adxudicar a familias
que sufriron desafiuzamentos.
No hay comentarios:
Publicar un comentario