As familias de
Eirís-Castro de Elviña en risco de desafiuzamento por mor da construción do
Parque Ofimático convocan novamente
para mañá, venres 12
de setembro, unha concentración ás 14.00hrs., embaixo do
paso elevado que cruza a Avda. Alfonso Molina á altura da Igrexa de
Eviña.
Sinalar tamén que, segundo trasladou a STOP Desafiuzamentos un dos
veciños afectados, onte tiveron lugar algúns momentos de tensión cun membro
da Policía Nacional –un dos habituais “xefe de dispositivo” de
antidisturbios que o PP manda tódolos venres para atemorizar á veciñanza-, con
motivo do paso da Volta Ciclista pola Avenida Alfonso Molina.

De feito, o ano pasado deuse durante semanas un constante “tira e afrouxa”
entre a Policía e a veciñanza con motivo do feito de pasar pola ponte, acto cargado
de cada vez máis simbolismo a medida que a Policía se esforzaba por non deixar
pasar ás veciñas e veciños. A estrambótica situación mesmo foi recollida nun pequeno video.
Logo deste precedente, cando onte varios veciños e veciñas observaban
como os pasos elevados da Avenida Alfonso Molina estaban cheos de xente vendo
pasar a Volta –adxuntamos imaxe-, sen que a Policía alí presente tivera
medo algún de que lle caera a ponte enriba a ningún ciclista, decidiron
sinalarlle á Policía a proba evidente de que o único motivo polo que a
veciñanza en risco de perder a súa casa por culpa do Parque Ofimático non pode
estar na pasarela cando fan mobilizacións é pola censura ca que o Concello
quere afogar as súas reivindicacións, producíndose entón o citado
momento de tensión.
Lembramos unha vez máis que a través destas concentracións semanais, con
ou sen pasarela, as familias en risco de desafiuzamento esixen ao Concello poñer
da súa parte a vontade política necesaria para que as casas das familias
ubicadas na marxe dereita da Avenida Alfonso Molina sexan desafectadas do Plan,
así como solucións
habitacionais para aquelas familias que xa entregaron as súas casas.
Cómpre salientar
tamén que na actualidade 5 familias -4
residentes na marxe dereita da Avenida, e unha da marxe esquerda- están agardando
pola resolución das alegacións que presentaron ás modificacións do Plan Parcial
no período aberto a tal efecto o pasado mes de xullo, a través das cales
solicitaron tamén a desafección das súas vivendas.
Concentración
da veciñanza Eirís-Castro de Elviña
|
||
DATA
|
HORA
|
LUGAR
|
Venres
12
setembro
|
14:00hrs.
|
Embaixo do paso elevado que cruza a Avda.
Alfonso Molina á altura da Igrexa de Eviña
|
No hay comentarios:
Publicar un comentario