Mañá, venres 17, ás 12:00hrs. acudiremos ás oficinas do Instituto Galego de Vivenda e
Solo na Coruña (Edificio Administrativo da Xunta, Novos Ministerios) para denunciar
publicamente o abandono das súas
responsabilidades con respecto ás familias e persoas desafiuzadas na Galiza,
así como para solicitar información
sobre as 500 vivendas das que, segundo as medidas aprobadas pola Xunta,
dispón para todo o País.
Ao mesmo tempo, compañeiras e compañeiros de STOP
Desafiuzamentos Compostela, STOP
Desafiuzamentos Ourense, STOP
Desafiuzamentos Lugo e STOP
Desafiuzamentos-Rede Apoio Mutuo de Ferrol Terra, acudirán ás sedes que o IGVS ten en cada unha destas cidades, confluíndo así
na primeira acción reivindicativa
sincronizada realizada por colectivos antidesafiuzamentos na Galiza.

Maio de 2012: A Xunta de Galiza publicita un decreto “para paliar os efectos da crise” sobre as familias desafiuzadas. A
día de hoxe, non sabemos de ningún caso no que se teña conseguido aplicar este
decreto.
Decembro de 2012: o presidente Alberto Núñez Feijóo en persoa anuncia un Programa de
Realoxo dotado inicialmente con 500 vivendas, aprobado no Consello de Goberno do día 5. Non se sabe de ningunha familia ou persoa á
que se lle teña concedido unha destas vivendas. As solicitadas co apoio de STOP
Desafiuzamentos A Coruña foron todas denegadas. Saíu publicado na prensa que se
concederon 33 adxudicacións, mais non se sabe nin como, nin cando, nin a través
de que procedemento.
Xaneiro de 2013: o daquela Director do IGVS, Antonio José Boné Pina, comprométese
con STOP Desafiuzamentos do Barbanza a que ningunha familia vai quedar sen
dereito a unha vivenda digna. Esta mesma mentira “vendeulla” o IGVS tamén a STOP Desafiuzamentos
Compostela apenas un mes máis tarde. A día de hoxe, o único exemplo que
coñecemos no que o IGVS concedera unha vivenda foi no caso de Aurelia Rey.
Porén, a partires de aí non concedeu vivenda a ningunha das persoas que a
solicitaron apoiadas polos distintos colectivos antidesafiuzamentos galegos.
Ademais, segundo datos do propio IGVS, tan só na provincia da Coruña acumúlanselle
5.000 casos de persoas baixo o limiar da pobreza e en grave risco de exclusión
social ás que tampouco ten pensado atender na xestión dunha vivenda onde
meterse.
Abril de 2013:
Feijoo vende fastuosamente a sinatura dun convenio entre Xunta,
Concellos e Poder Xudicial, disque para “adoptar medidas de carácter social” e “mobilizar
as 500 vivendas que a Xunta ten a disposición das familias desafiuzadas”. Non se soubo máis do tema... Non
temos coñecemento de ningún caso no que se teña activado este protocolo, e iso
que solicitámolo varias veces.
Maio de 2013: A Xunta de Galicia emite a Orde de 16 de maio de 2013 pola que se determina como
colectivo de atención preferente con axudas excepcionais ás personas afectadas
por execucións hipotecarias no marco do Programa Aluga. Non coñecemos
ningún caso no que unha familia ou persoa desafiuzada fora acollida por este
programa.
Mentiras e máis mentiras. Rir na cara de persoas desesperadas ás que lles
acaban de arrebatar o máis elemental para ter unha vida minimamente estable,
unha vivenda. Namentras, o feito de que estas institucións estean a incorrer nunha obscena deixadez de
responsabilidades ten consecuencias dunha gravidade intolerábel.
Como xa temos informado, alegando non apreciar “singularidade” con respecto
ás outras 5.000 solicitantes, na Coruña
neste momento o IGVS denégalle unha vivenda pola vía de emerxencia a unha
muller enferma de fibromialxia e ao coidado da súa nai as 24hrs. do día. O mesmo lle dixo uns meses antes a Elisabeth Sanlés, enferma tamén, con tres fillos e desafiuzada uns
días antes cun custosísimo e desproporcionado operativo policial.
En Ourense, o IGVS vén de lle
denegar unha vivenda a outra muller, vítima de violencia machista,
diagnosticada de trastorno depresivo, ao cargo dun fillo e dúas fillas, unha
delas cunha minusvalía do 38%.
En Compostela, a inasumíbel
burocracia e a falta de interese do funcionariado do IGVS lograron o seu
obxectivo: que a familia de Aríns integrada por seis membros -con menores de
idade e unha persoa maior con mobilidade reducida- estafada por un prestamista
asumira que de
nada serviría pedir unha vivenda pola vía de urxencia.
A vivenda non é unha
propiedade, senón un dereito básico recollido no Art. 47 da Constitución. Pero o IGVS e a Xunta so saben dun dereito,
o “dereito á mendicidade”, así que rexeitan cumprir cas súas
responsabilidades e manteñen 300.000 vivendas baleiras en Galicia,
20.000 na cidade da Coruña. Para nós, a lección do Art. 47 é que os dereitos
humanos só existen cando se loita por eles.
Cando o Concello, a Xunta, o
Estado comercian cas nosas vidas, están a facer negocio cos nosos dereitos.
Este venres 17 concentrarémonos
nas sedes do IGVS na Coruña (12:00hrs), Lugo (12:00hrs), Compostela
(10.30hrs.), Ferrol (12:00hrs) e Ourense (12:00hrs), porque está claro
que diante do terrorismo institucional teremos
que ser nós quen construamos e conquistemos os nosos dereitos.
Concentracións diante do IGVS
|
|||
Venres
17
Outubro
|
Edificio Adm. Xunta.
Novos Ministerios
|
12:15hrs.
|
A Coruña
|
Fontiñas, Área Central
|
10:30hrs.
|
Compostela
|
|
Avda. Ramón Ferreiro,nº 28
|
12:00hrs.
|
Lugo
|
|
R/Senz Díez nº1.
|
12:00hrs.
|
Ourense
|
|
Praza
Amada García
|
12:00hrs.
|
Ferrol
Terra
|
No hay comentarios:
Publicar un comentario