Mañá, luns 20 de outubro, ás 10.30hrs., terá lugar
o xuízo contra as seis persoas detidas durante o desafiuzamento
de Elisabeth Sanlés o pasado 27 de novembro de 2013. Dende as
10.00hrs. da mañá convocamos
á cidadanía da Coruña a acompañar e arroupar a estas
activistas a través dunha concentración diante dos xulgados da
R/Monforte.
Ao non teren oposto ningún tipo de resistencia cando a policía
entrou na vivenda –a ampla presenza de medios de comunicación en
fronte das xanelas da vivenda testemuña este feito-, inicialmente
a policía tan só xuntou momentaneamente a estas seis persoas nunha
das habitacións, e mesmo confirmoulles que ao saír da
vivenda permitiríanlles levar consigo os xoguetes que había na casa
para devolvérllelos aos cativos. Sen embargo, ao cabo dun rato
escoitaron como de súpeto dábanse novas instrucións ao operativo
policial, instándoos a proceder á detención e fichaxe policial
destas seis persoas que estaban axudando ca mudanza a Elisabeth
Sanlés no interior da vivenda, sorprendendo incluso aos axentes
integrantes do operativo. A día de hoxe, por culpa desta arroutada
dun mando policial, estas seis activistas están acusadas de
“desobediencia”, inda que cando as trasladaban á comisaría
dixéronlles que a acusación sería de “desordes públicos”, boa
mostra de que nin a propia policía tiña claro por qué estaban
levándoas detidas.
Para contextualizar esta vingativa reacción policial
–supoñemos que instigada dende a Delegación e Subdelegación do
Goberno- cómpre lembrar que con axuda da cidadanía da Coruña e
STOP Desafiuzamentos, Elisabeth Sanlés, enferma de fibromialxia, con
tres fillos e uns ingresos mensuais de 200€, lograra xa parar
a primeira tentativa de desafiuzamento do seu fogar, o 8 de
outubro de 2013.
Á vista deste éxito social, a segunda vez que tentaron
desafiuzala o Xulgado elaborou unha estratexia co obxectivo de anular
toda posibilidade de arroupamento e protección por parte da
cidadanía e, de paso, tentar dificultar a cobertura
mediática: notificou
con tan só unhas horas de antelación que ía executar o
lanzamento –o avogado de Elisabeth recibiu comunicación do
Xulgado, vía correo electrónico, ás 18.00hrs do día anterior-.
Pero por se non abondase esta limitación de prazo co obxectivo de
estrangular as posibilidades de facer fronte á perda do seu fogar, a
policía decidiu irromper na vivenda aproximadamente tres horas antes
da hora sinalada para o desafiuzamento. Como se dun operativo
policial de máximo risco se tratara, apareceron sobre as 7 da
mañá nunha furgoneta camuflada, e numerosos axentes
introducíronse armados e con pasamontañas no portal de
Elisabeth Sanlés. Parecía unha película, si, pero de terror.
Cortaron a rúa e despregaron un
operativo de ducias de antidisturbios que militarizou o barrio do
Castrillón durante varias horas. No medio do asalto á vivenda,
identificábase tamén claramente policías non uniformados, ca
faciana tamén tapada con pasamontañas, especialmente formados para
tirar abaixo as portas das casas de persoas en risco de perder o seu
fogar. Formar unha unidade especial para tombar portas e non llo
ter que pedir aos bombeiros foi a única ensinanza que a policía e a
Delegación do Goberno extraeron do mediático caso de Aurelia Rey.
Á vista do desorbitado despregue policial, o desafiuzamento de
Elisabeth Sanlés constitúe a día de hoxe o máis perverso
exemplo de despilfarro de diñeiro público para amedrentar e
expulsar do seu fogar a unha muller enferma que ademais, como
subliñara uns días antes o titular do Xulgado de Primeira Instancia
número 9 da Coruña a través dunha providencia, atopábase en
"situación de especial vulnerabilidade ou
desvalimento". Aliás, a pesar de que a
actitude das activistas e da xente que acudiu a apoiar a Elisabeth
foi totalmente pacífica, convertiuse no desafiuzamento con máis
persoas detidas de cantos ten habido até o dagora na Galiza.
No contexto actual de abafante corrupción política e bancaria, a
maioría das persoas temos asumido que o Partido Popular forma parte
da trama organizada que decidiu afundir o sistema financieiro para
provocar a desestructuración da base do sistema de garantías
sociais –sanidade, educación, emprego...-, dando lugar á
depauperación total das clases traballadoras e favorecendo a
privatización dos servizos públicos a través do seu deterioro
intencionado e posterior desmantelamento. Así, lonxe de facer fronte
aos políticos e banqueiros criminais, o PP está esforzándose por
lexislar para afogar ás persoas que denuncian publicamente estes
delitos, impoñendo unha lexislación contraria á liberdade de
expresión e manifestación, como é o caso da chamada “Lei
Mordaza”/”Ley de seguridad ciudadana”, que foi levada a
tramitación parlamentaria fai apenas uns días -o pasado 16 de
outubro-, co único apoio do Partido Popular.
Como vimos denunciando dende o ano 2013 a través da campaña
“Múltannos a nós para asustarte a ti”, o Partido Popular
está a desenvolver todo
tipo de estratexias represivas para acalar as críticas que
denuncian o ataque aos dereitos humanos e sociais instigados dende o
actual Goberno central. Esta situación está sendo denunciada
tamén a través de organizacións internacionais, como fixo o pasado
mes de abril Amnistía Internacional no seu informe “España:
el derecho a protestar amenazado”. A día de hoxe, tan só en
STOP Desafiuzamentos A Coruña, e pese a que tódalas nosas accións
reivindicativas foron absolutamente pacíficas, acumulamos case
6.000€ en multas.
Defender os dereitos humanos e sociais non é un crime! O
que é un crime é permitir que nos
últimos cinco anos os bancos deixaran sen fogar a máis de 12.000
familias galegas co beneplácido do goberno do PP, que ademais
afonda na crueldade desta situación favorecendo que case
300.000 vivendas, máis de 100.000 delas novas ou case novas,
fiquen baleiras e apodrecendo, constituíndose no mellor icono
metafórico das cabezas dos “nosos” podres gobernantes.
Cronoloxía do caso de
Elisabeth Sanlés:
(04/10/2013) O caso de Elisabeth,
(06/10/2013) Convocatorias contra o desafiuzamento de Elisabeth
(14/10/2013) Caso Elisabeth - Presentado o recurso para a suspensión do desafiuzamento
(20/10/2013) Caso Elisabeth - Sen solución dúas semanas despois
(26/11/2013) URXENTE! Novo intento de desafiuzamento de Elisabeth
(28/11/2013) Concentración en condena da represión policial efectuada durante o desafiuzamento de Elisabeth Sanlés
(30/11/2013) Cantas familias na rúa precisa o Concello para facer dunha vez por todas o seu traballo?
(03/12/2013) O IGVS, a última esperanza de coherencia no caso de Elisabeth Sanlés
(07/12/2013) O IGVS rexeita a solicitude urxente de vivenda de Elisabeth Sanlés
(25/02/2014) X. M. Quintela, responsábel de Servizos Sociais, xulgado por inxurias e/ou vexacións contra unha usuaria e activistas de STOP Desafiuzamentos
(04/10/2013) O caso de Elisabeth,
(06/10/2013) Convocatorias contra o desafiuzamento de Elisabeth
(14/10/2013) Caso Elisabeth - Presentado o recurso para a suspensión do desafiuzamento
(20/10/2013) Caso Elisabeth - Sen solución dúas semanas despois
(26/11/2013) URXENTE! Novo intento de desafiuzamento de Elisabeth
(28/11/2013) Concentración en condena da represión policial efectuada durante o desafiuzamento de Elisabeth Sanlés
(30/11/2013) Cantas familias na rúa precisa o Concello para facer dunha vez por todas o seu traballo?
(03/12/2013) O IGVS, a última esperanza de coherencia no caso de Elisabeth Sanlés
(07/12/2013) O IGVS rexeita a solicitude urxente de vivenda de Elisabeth Sanlés
(25/02/2014) X. M. Quintela, responsábel de Servizos Sociais, xulgado por inxurias e/ou vexacións contra unha usuaria e activistas de STOP Desafiuzamentos
(10/06/2014)
O
responsábel de Servizos Sociais da Coruña visita por 2ª vez os
xulgados por insultar a unha usuaria
Cronoloxía
de denuncias da represión exercida polo Partido Popular:
[30/06/2013]
MÚLTANNOS
A NÓS PARA ASUSTARTE A TI (panfleto)
[10/07/2013]
Catro
persoas máis propostas para sanción
[08/08/2013] Campaña
MÚLTANNOS A NÓS PARA ASUSTARTE A TI
[20/09/2013]
Os
"petos de resistenza" chegan á rúa co apoio dunha
trintena de establecementos coruñeses
[28/11/2013]
Concentración
en condena da represión policial efectuada durante o desafiuzamento
de Elisabeth Sanlés
[07/07/2014]
DA
REPRESIÓN A DOMICILIO AO ACOSO PERSONALIZADO. Recruece a violencia
do PP contra a liberdade de expresión
[11/07/2014]
Manifestación
contra a represión
[02/09/2014]
Xulgarán
por “alteración da orde pública” ao bombeiro que se negou a
intervir no desafiuzamento de Aurelia Rey
No hay comentarios:
Publicar un comentario