Nestas
últimas dúas semanas de Novembro o
Concello do PP planexa desafiuzar a Álvaro, a
súa nai Isabel e os seus dous fillos, habitantes de San Vicente de
Elviña, e
demoler a vivenda na que levan vivindo toda a súa vída. Na
mañá de hoxe, STOP
Desafiuzamentos Coruña acompañamos á veciñanza de Elviña-Galán
afectada polas obras do Parque Ofimático na súa protesta por
esta
inminente ameaza de desaloxo.
Entre
as 08:00 e 09:00 da
mañá organizouse unha concentración
con interrupción
do tráfico por parte dunhas 40 persoas baixo o lema “Elviña
non se vende, Elviña se defende”,
no vial de entrada que se dirixe
á universidade. A chegada
dos diferentes dispositivos policiais non impediu a celebración
pacífica da concentración, amosando
que
a única
violencia é a política municipal
que pretende o desaloxo dunha familia que despois de 80 anos
residindo no lugar de Elviña ve como unhas obras desmedidas,
innecesarias e totalmente inxustificadas ameazan non só
o
seu lugar de residencia, se non tamén
o seu
medio de subsistencia. É
de salientar que nos mesmos terreos nos que vive esta familia é onde
se atopa o taller de reparación no que traballan Álvaro e os seus
dous fillos, único sustento familiar xunto coa exigua pensión de
Isabel.
Namentres
o Concello de A Coruña dilapida
cartos públicos en obras de dubidoso retorno social e
aproveitamento comunitario como o túnel da Mariña, o Parque
Ofimático, o Porto Exterior e un longo listado de infraestructuras
innecesarias, os dereitos dos seus cidadáns son vulnerados polo
propio consistorio municipal.
Sobran os motivos
para opoñerse ó desaloxo
O Concello segue na súa
propia burbulla urbanística, inflada con débeda pública, e non ten
reparos en levarse por diante o que faga falta para manter ese
espellismo de prosperidade. Saben que se nalgún momento a súa
marcha vése interrumpida, a burbulla estoupa. No que atinxe ó
Parque Ofimático, e ó caso da familia de Isabel e Álvaro en
particular, pódese facer unha lista moi longa dos desmáns e
absurdos nos que incurre o Goberno local na súa ilóxica
urbanística. Aquí van algúns:
1) Máis de 20 anos despois de que se proxectara, o Plan do
Parque Ofimático aínda nin sequera está pechado. Por exemplo,
atendendo á proxección que fai o Plan de urbanización do
Ofimático, a vivenda de Álvaro e a súa nai, Isabel, debe ser
demolida para construír unha
ponte que quedaría truncada a 8 metros de altura, suspendida no aire. Aínda non está
previsto onde rematará esa ponte.
2) Ningún dos gobernos locais nestes 20 anos
sentouse coa veciñanza a acordar o modelo de cidade que procuraba
para tentar conciliar os intereses de tódalas partes. O máis que se
produxo foron simulacros de consenso sen contido real,
publicitados como victorias ás espaldas das veciñas e veciños.
É máis, o Concello do PP negouse sempre a tratar este problema
colectivamente, transixindo unicamente con reunións particulares nas
que a persoa afectada síntese indefensa ante a apisonadora
burocrática institucional.
3) Actualmente estáse a tramitar unha modificación do Plan e
o Concello abríu un novo período de alegacións. Álvaro e
Isabel presentaron as súas alegacións en maio de 2014 pero, a día
de hoxe, aínda non tiveron resposta. Para que legalmente o Plan sexa
definitivo cómpre previamente dar resposta a tódalas alegacións
presentadas. Derrubar a casa de Isabel e Álvaro sería
ilegal. A primeiros de setembro Isabel e Álvaro solicitaron unha
reunión para tratar este asunto cos responsables do Concello.
Tampouco obtiveron resposta.
4) A
orde de desaloxo que pesa sobre a vivenda de Álvaro e Isabel,
a executar nun prazo aberto ata
finais de Novembro,
está condicionada
pola interposición posterior dun recurso ante o Tribunal Superior de
Xustiza. O Concello
sen embargo non parece moi pola labor de agardar a que ese tribunal
resolva o recurso.
Unha vez desaloxada e demolida a vivenda, como repararán o dano
feito se o xuíz establece que esa intervención foi ilegal?
As mesmas máquinas excavadoras que esnaquizaron a casa a
reconstruirán para que podan volver a vivir nela? Dubidámolo moito.
5) A casa de Álvaro e Isabel nin sequera
está do lado no que se vai edificar o Parque Ofimático, senon
que se atopa na outra marxe da Avenida Alfonso Molina. Nos comezos do
Plan esta zona habíase destinar a centros docentes, pero xa a última
redacción do proxecto é claro: “es en ese sentido que estos
equipamientos, cuantificados a efectos legales, creemos se
transformarán en otros usos”. Así que xa comezan a aparecer
outros usos distintos, sen definir, o que vén lembrando ó caso do
Someso, ou de como o estadio de fútbol do Relámpago non se
construíu nunca e no seu sitio Fontenla levantou as súas torres.
6) O que indignou aínda máis ós veciños e veciñas de
Isabel e Alvaro foi a visita que dúas traballadoras do Concello e
un axente da Policía Local lles fixeron na súa casa, sen previo
aviso, o pasado venres 14. O obxectivo desta "comisión" era transmitirlles que o
Concello ten toda a intención de derrubar a súa casa antes do
vindeiro o día 27, no prazo que o Xulgado concedeu ó Concello, e
sen agardar á resposta do recurso que a defensa legal de Isabel e Álvaro está a plantexar, e que xa anunciou xunto coa solicitude
da suspensión da autorización xudicial mentres non se resposte o
recurso, dado que os danos causados polo derrubo serían
irreparables e completamente desproporcionados. As traballadoras
do Concello e o axente da Policía Local que as acompañaba dixeron
claramente que o Concello non ía agardar pola resposta ó recurso, e
que nesas condicións, si Isabel e Alvaro marchan voluntariamente da
casa, o Concello valoraría darlles algunha solución.
7) As zonas de Elviña-Galán e San Vicente de Elviña,
sobre as que está proxectado o Ofimático, teñen fontes naturais
e un patrimonio histórico que non debería ser arrasado. Iso
tamén é riqueza.
8) O Plan Ofimático é a resaca dunha burbulla
inmobiliaria que se levou todo por diante, incluíndo, de paso, os
nosos dereitos máis básicos. A día de hoxe é un solar en
construción que non resulta apetecible nin
para as propias empresas construtoras, que prefiren agardar a
que as circunstancias lles sexan máis propicias (isto é, a que
comece un novo ciclo especulativo como o que xa vivimos).
9) O seu progreso non é o noso! Máis de
7.000.000 €
de cartos públicos gastáronse xa na execución deste Plan, e
apenas está comezando. Os vaticinios máis optimistas contan con que
o custo
final sexa de 36.000.000 €. Todo ese diñeiro viría ben
para garantir necesidades básicas da xente como a alimentación, a
saúde e a vivenda, para evitar o auxe da pobreza na nosa cidade,
para abrir as
20.000 vivendas baleiras xa construídas na Coruña que agardan a
que alguén lles dea uso. Pola contra, o Concello que di
gobernarnos adícase a despilfarrar en obras e máis obras co
obxectivo de beneficiar a vai saber quen namentres a xente pasa a
angustia de non saber como vai facer para sobrevivir un día máis.
Por
todos estes motivos convocamos unha concentración o XOVES
20 de NOVEMBRO ás 20h xunto á casa de
Isabel e Álvaro (ó carón da pasarela peatonal que pasa
sobre a Avda. Alfonso Molina, á altura da gasolineira), para amosar
o noso rexeitamento ante a
política corrupta do goberno local do PP e, ó mesmo tempo,
manifestar a nosa solidariedade e apoio á veciñanza de Elviña,
que vive coa constante ameaza de desaloxo.
ELVIÑA NON SE VENDE, ELVIÑA SE DEFENDE!
NESTA CIDADE NON SE DESAHUCIA!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario