O Concello
négase a atender as alegacións de Isabel e Álvaro e ten disposto desafiuzar
a súa vivenda este xoves 27 ás 9.00h da mañá. Nada lle importa a Martín
Fernández Prado, concelleiro de Urbanismo, nin ó alcalde Carlos Negreira que o
proxectado para a zona de San Vicente de Elviña (marxe dereita da avenida
Alfonso Molina) sexa impreciso ou mesmo inviable. Esa zona ten que quedar
lisa, din. O que non din é que a queren dispoñible para poder especular cos
terreos.
A presión que o Concello está a desplegar
sobre as familias residentes do lugar de Elviña tivo durante a mañá de hoxe un
episodio mais que sumar ás xa habituais manobras de control e coacción que por
parte da policía ven padecendo a veciñanza de Elviña nas súas concentracións. Sobre
as 13:00h do mediodía de hoxe 3 furgóns da Policía Nacional fixeron acto de
presenza nas inmediacións da casa de Isabel e Álvaro en forma de amedrentamento
á resistencia popular que comeza a organizarse ante a ameaza inminente de
desaloxo e derrubo.
Asistimos durante a mañá de hoxe á “policiarización”
de San Vicente de Elviña e do campus universitario asi coma o despriegue dun
dipositivo de vixiancia e control en previsión das manobras a efectuar durante
o día 27 para o derrubo da casa e desaloxo forzado de Isabel e Varo.
Á
veciñanza de Elviña caéuselles o ceo enriba das súas cabezas en forma de Parque
Ofimático, un plan urbanístico feito á medida de promotores e especuladores
profesionais, un proxecto de “novo barrio” que nunca foi necesario e que
agora mesmo parece unha broma de mal gusto tendo en conta o mal estado dos
barrios xa existentes, e a miseria e pobreza que ten que sufrir boa parte da
xente que os habita. Polo camiño, estoupou a burbulla e xa nin sequera os
promotores inmobiliarios queren construír alí.
A que
se vai adicar a zona de San Vicente de Elviña? A equipamento escolar, di o
Plan, pero matiza inmediatamente “es en ese sentido que estos equipamientos,
cuantificados a efectos legales, creemos se transformarán en otros usos”. Que
outros usos, señor concelleiro? Calan. “Non importa o que se faga alí, esta
semana ese terreo ten que quedar liso”, repiten Fernández Prado e as
funcionarias do Concello.
É
unha inxustiza, un xogo cruel no que as vidas, vivendas e vivencias das
familias afectadas non valen nada. Todo para satisfacer os intereses escuros e
corruptos da panda de sádicos que di gobernarnos e os seus amigotes. O
caciquismo en todo o seu esplendor.
Porque
a lei, pese a todo, está do lado de Isabel, Álvaro e as familias veciñas:
é posible modificar o Plan, como piden, porque xa o fixeron con Adif hai poucos
meses; é necesario paralizar o desaloxo porque hai un recurso presentado ó
Tribunal Superior de Xustiza e o dano causado sería irreparable; é preciso
respostar ás alegacións presentadas pola veciñanza porque, ata que non se faga,
o Plan non estará pechado. Nada disto parece importarlle ó Concello, que sigue
co seu mantra: “o día 1 ten que estar ese terreo libre”. A lóxica da
apisonadora, a lei dos feitos consumados.
Non
o imos permitir. Temos que ser a cidadanía crítica e combativa a que nos
plantemos na rúa, xa que non atenden ás peticións formais. Só a xente, todas
e cada unha de nós, podemos impedir que o inxusto derrubo da casa de Isabel e
Álvaro se leve a cabo. Por iso chamamos a apoiar a concentración deste
MÉRCORES 26 de NOVEMBRO ás 20h diante da casa de Álvaro e Isabel (xunto a
pasarela que pasa sobre Alfonso Molina, preto da gasoliñeira), e a acudir o
día 27 ás 8h a parar o desaloxo previsto polo Concello. Porque só a loita fai
Xustiza!
ELVIÑA
NON SE VENDE, ELVIÑA SE DEFENDE!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario