Agora que unha
sentencia declara nula a licitación da obra do Ofimático, o
Concello reúnese cos promotores para negociar solucións a medida. A
veciñanza afectada, malia pagar as cuotas de urbanización, non ten
dereito a nada, só a sofrir desprezo e violencia: o Concello
derrubou a casa de Isabel e Alvaro sen respostar ás alegacións
presentadas en Maio, e sen agardar pola resposta do TSXG (Tribunal Superior de Xustiza de Galicia) ó recurso
presentado en Decembro. A consigna foi derrubar sí ou sí.
A xente díxoo e
amosouno nas últimas semanas. Non queremos máis derrubos. San
Vicente de Elviña é barrio e aldea da cidade, e as persoas que alí
viven son veciñanza vivinte. A intervención sobre Elviña non é
necesaria, mais sí insensible e rutinaria. É unha invasión. A
hipotética circulación da urbanización pantasma pódese garantir
con solucións máis sinxelas e baratas, e urbanísticamente máis
funcionais.
Os veciños e veciñas
de San Vicente de Elviña queren ficar, e que ninguén máis teña
que marchar. Por iso dende STOP Desafiuzamentos A
Coruña sumámonos á presente convocatoria e
convidamos a toda a cidadanía a defender Elviña e
frear o monstruoso desenrolo dunha cidade que medra de costas ás
nosas necesidades básicas nunca satisfeitas.
NIN CASAS SEN XENTE, NIN XENTE SEN
CASA!
No hay comentarios:
Publicar un comentario