
A xente non somos monicreques como pensades, e non cremos as vosas mentiras. Vós non ides solucionar nada porque nada queredes cambiar. Defender o voso e o dos catro “millonetis”, fronte ó pobo indignado que reclama o seu; iso é o que facedes con cada multa que poñedes!
Mais a xente está a darvos unha boa lección. A conta: ES81 1550 0001 2100 0067 9324 (Fiare banca ética), está que ferve. Alí xuntamos as achegas de todas, e cada día estamos máis perto de acada-lo noso obxectivo de chegar a 7.000,00€ para paga-las multas do caso Aurelia. Xa só faltan uns 300€ de nada.
Aportar é loitar doutro xeito. É torcerlles os plans ós que desafiuzan á xente humilde, que non pode nin protestar sen ser multada. A que esperades? Con cada achega que facedes, medramos xuntas, e os corruptos do poder perden un pouquiño. Súmate a nós, compañeira, e axúdanos a botar fóra ós chourizos e mangantes: A loita é cousa de todas!
Polo dereito a vivenda! Por que ninguén teña que vivir na rúa!
Nin casas sen xente, nin xente sen casas!!!
Pois acabamos de recibir a nova de que xa superamos a cantidade que precisabamos!
ResponderEliminarDurante o día de hoxe fíxose unha derradeira aportación que fixo superar a cifra que nos marcabamos como límite de 7.000 €, chegando ós 7.421,33 €. Por tanto queda a campaña pechada, tres semanas antes do que tiñamos previsto. Estes días daremos máis información.
Parabéns e graciñas polo voso apoio!